PAPAGAIO7 ABRIL 2020 DIXITAL .pdf



Nombre del archivo original: PAPAGAIO7- ABRIL 2020 DIXITAL.pdf
Título: Maquetación 1

Este documento en formato PDF 1.6 fue generado por QuarkXPress(R) 8.02, y fue enviado en caja-pdf.es el 16/04/2020 a las 14:07, desde la dirección IP 62.174.x.x. La página de descarga de documentos ha sido vista 208 veces.
Tamaño del archivo: 10.1 MB (7 páginas).
Privacidad: archivo público



Vista previa del documento


Director: Abraham Carreiro

O XORNAL DA XENTE MIÚDA

Número 7. Ano 4 / Abril de 2020

AS PORTAS DE EUROPA

Moitas nenas e nenos sirios que foxen da guerra do seu país están atrapados na fronteira de Asia con Europa.
Non se fala moito deles, pero aí os están! Teñen dereito a ser acollidos por calquera país europeo, mais polo
momento só reciben gas e disparos. Páxina 3

A EVOLUCIÓN DAS
ESPECIES NON PARA
Páxina 9

A CACA DE CAN EMPEZA A OS VOITRES SÁLVANNOS
SER UN PROBLEMA DE ENFERMIDADES
Páxina 3 INFECCIOSAS
Páxina 7

2

3

Edita: Edicións Moito Conto
Director: Abraham Carreiro
Redacción: Policarpo Sanz, 17 - 3º A
36202 Vigo. Telf.: 986225899

Colaboradores: Abraham Carreiro (Pierrot e
Lupo); Andrés Magán (Popicci); Antonio Hitos
(Órbita); Bea Lema (Ciencia); Cristian Robles
(Os inventos dos Coscobellos); Darío Vilas
(Os Lumens); Fermín Blanco (Construíndo

con Lupo); germán Torres (O Refuxio); iago
Araújo (inventos da humanidade); María
Lema (guión); Martín Romero (Actualidade);
Pepe Carreiro (Historia).
Subscricións: www.edicionsmoitoconto.com

Distribución: Consorcio Editorial galego
Av. Estación, 25. 36812 Redondela. Telf. 986
405 051. pedimentos@coegal.com
Depósito legal: Vg 628-2017
O PAPAgAiO imprímese en papel reciclado

4

5

6

7

Entrevista con Saray Bonet,
psicóloga infantil

“ CANDO PASE TODO
DEBEMOS BICARNOS E
ABRAZARNOS”

ABRAHAM CARREiRO

Pode afectar psicoloxicamente aos nenos o illamento polo coronavirus?
Si, depende do carácter ou personalidade
que teñan pode afectarlles de diferentes
maneiras. Por exemplo, os rapaces máis
sensibles poden sentirse abrumados polos
cambios repentinos, e poden chorar máis
a miúdo e chegar a experimentar alteracións no sono. Por outro lado, aos rapaces
cun temperamento dificil adoitan costarlles
máis aceptar instrucións ou normas. Os
adultos temos que ser máis tolerantes
estes días, xa que os nenos poden mostrarse
máis nerviosos ca de costume.
Como poden pasar mellor estes días
de encerro na casa?
Hai que establecer unhas rutinas para que
os nenos se sintan seguros e saiban o que
vai ocurrir. Deben entender que non son
unhas vacacións, por iso, deseñar un horario
de comidas, de estudo, etc… é importante.
Tamén axuda facer actividades en familia
como ver películas, xogar a xogos de mesa, bailar, etc.
As redes sociais poden
ser unha axuda?
Somos animais sociais, así
que está ben facer chamadas ou videochamadas
a familiares ou amigas para
relacionarnos e manter o
contacto con outras persoas
e outros nenos.
Recomendas algún libro
para ler estes días?
Gústame moito o conto Rosa
Contra el Virus para que os nenos poidan
entender o que está a ocorrer.
Deberían as nenas poder saír un tempo
á rúa, como en Alemaña ou Bélxica?
Se presentan algún problema psicolóxico
polo que necesiten saír a rúa, si.
Cal é a mellor maneira de recuperarse
cando pase todo isto?
Volver realizar as rutinas que faciamos
antes. E, sobre todo, volver retomar o contacto físico, como bicarse ou abrazarse
cos nosos seres queridos.
Cando volvamos á escola deberiamos
falar das experiencias vividas ou mellor
esquecer o coronavirus para sempre?
Debemos falar do que nos preocupe e das
experiencias vividas para tomar conciencia
do problema que atravesamos.

8

9

HISTORIA
A

B

C

D

E

F

G

H

8

7

6

5

4

3

2

1

A xente dos castros comía marisco e peixe fresco canto quería. Unha mariscada seguida
dun rodaballo ao forno era algo
corrente, de diario. Incluso xa
debía aborrecer. Non é que fosen ricos, pero tíñano ao pé da
casa. Dos castros da costa, claro;
a xente do interior era máis de
carne: porco bravo, lebre, corzo,
perdiz, etc.
Pode parecer raro, pero naquela
época xa había zamburiñas,
mexillóns, percebes, nécoras,
lorchos, xurelos, rinchas e todo

o marisco e peixe que hoxe podemos mercar nunha peixaría.
Os castrexos non deixaron nada
escrito sobre estas cousas nin
sobre cousa ningunha, pero sábese o que comían polos restos
que quedaron nos cuncheiros,
vertedoiros onde botaban os
restos da comida: cunchas, espiñas, ósos, mondas, etc.

Busca polo castro:
Landra. Froito do carballo co
que os castrexos facían fariña.

Muíño. Este é de man. Cun rolo
de pedra esmágase o gran sobre
outra pedra en forma de nave,
para obter a fariña.
Anzol. Gancho no que se pon
o engado para pescar.
Forno. Este é de pedra. Eran
máis lentos que os de microondas, pero cociñaban con máis
sabor.
Alxibe. Depósito onde se recolle a auga da chuvia.
Arracada. Pendente en forma
de aro. As mulleres castrexas
usábanos de ouro.
Cuncheiro. Depósito onde os

castrexos botaban cunchas, espiñas, ósos e outro refugallo.
Lapa. Molusco univalvo mariño,
de cuncha cónica, que vive pegado ás rochas.
Cervexa. Bebida feita de orxo
que se bebía nos castros. Polo
menos antes de que os romanos
trouxesen a moda do viño.
Ollomol. Peixe rosado, moi saboroso cociñado ao forno.
SOLUCIÓNS: landra (3F); muíño
(3D); anzol (7F); forno (3, 4FG);
alxibe (1, EF); arracada (5E); cuncheiro (5, 6BC); lapa (8A); cervexa
(1B); ollomol (3FG).

MARISCO E PEIXE DA RÍA

10

11

QUERO SER UN LUMEN
pezaba a entrarlle o sono e acordou
meterse na cama, viu unha luz que
despuntaba no medio da escuridade.
Un ronsel cruzou o horizonte e Brais
achegouse ata pegar o nariz contra o
cristal da xanela.
De xeito sorprendente, a estrela non
seguiu na dirección que
levaba. De súpeto
virou de forma
brusca e colocouse
de fronte ao edificio do neno, que
non puido percibir
o movemento porque xusto nese intre
pechara os ollos
para pedir o seu
desexo.
Pero que
demo pasa?,
preguntouse
ao volver abrir
os ollos e darse conta de
que a luz
viña directa cara
a el. Facíase cada
vez máis
grande e nítida.
O máis rechamante era que,
en lugar de coruscar con máis forza,
perdía a súa intensidade segundo se
aproximaba.
Cando a luz se apagou case por
completo viu algo máis: sobre ela, coma
se cabalgase a lombos do meteorito,
ía unha criatura horrible. Unha especie
de monstro cuberto de pelo marrón,
cos ollos moi grandes, verdes e coas
pupilas vermellas e brillantes. As súas
mans eran como garras afiadas que se
cravaban na pedra sobre a que viaxara
ata alí desde o espazo exterior.
Aínda que non o escoitaba, parecía
gorlar como un can rabioso. Abría e

pechaba a súa boca chea de dentes
tan afiados como as súas garras.
Viña a por el.
Preso do pánico, a punto estivo de
berrar para chamar os seus pais. Pero,
en lugar diso, da súa boca saíu nun
berro o nome que daba voltas na súa
cabeza a diario:
—Lumens!
O monstro alieníxena estaba
a poucos metros del, xa podía
ver con claridade a
súa pelame graxenta e os
músculos
tensos como
os dun lobo salvaxe que
está a piques de
saltar sobre as galiñas para
devoralas.
Entón sucedeu algo
tan inesperado como
aquel atacante chegado desde
o espazo exterior.
Ao seu lado apareceu unha
figura, apenas unha silueta escura
un pouco máis baixiña que el. Estendeu
a súa man negra e tomou a de Brais.
Estaba quente e o seu tacto éralle
familiar.
A sombra achegouse a el e rumoreoulle con voz tranquilizadora:
«
»
As verbas de Mariola —aínda que
non podía saber que as pronunciaba
ela— funcionaron como unha alarma
e o neno incorporouse de súbito na
cama, sobresaltado.
Nin sequera lembraba cando se metera entre as sabas e quedara durmido.
ABRAHAM CARREiRO

uen precisa ser un Lumen? Vaia
cuadrilla de frikis.
Brais repetíao cada día para
convencerse a si mesmo. Pero
o certo é que sempre quixera pertencer a aquela
banda. As súas bromas
en clase acostumaban estar destinadas
a chamar a atención de Xurxo e Tristán.
Sabía que tiña que demostrar algún
talento se quería integrarse, e nada se
lle daba mellor que as trasgadas.
Pero Os Lumens non adoitaban meterse en problemas, así que a súa habilidade adoitaba causar o efecto contrario.
Tampouco podía evitar ser como
era. Se tan comprensivos se consideraban os seus compañeiros, deberían
aceptalo.
Pero, algunha vez pedíralles expresamente formar parte da cuadrilla?
A eles non. Desexábao con toda a
súa alma e suplicábao a forzas invisibles, en lugar de facer o máis doado
do mundo, que sería achegarse a eles
e propoñelo. Temía un rexeitamento
directo, non soportaba que lle dixesen
que non.
Así pois, aquela noite plantouse
diante de xanela do seu cuarto, subiu
a persiana e empezou a espreitear o
ceo na procura da
da que o seu profesor de Ciencias
Naturais lles falara aquela mesma mañá.
Para que logo digan que nunca presto
atención en clase, pensou.
Segundo tiña entendido, as estrelas
fugaces posuían o poder de conceder
desexos. Así que lle pediría ao asteroide
que os seus compañeiros de clase o
convidasen a formar parte dos Lumens.
Que aventuras vivirían aqueles rapaces? O certo era que non o sabía,
pero a súa imaxinación exaltábase cada
vez que pensaba niso.
Ao cabo dun intre longo, cando em-

Edita: Edicións Moito Conto
www.edicionsmoitoconto.com
https://www.facebook.com/edicionsmoitoconto/
edicionsmoitoconto@gmail.com / Telf.: 986225899
R/ Policarpo Sanz, 17 - 3º A. 36202 Vigo

Os nenos e as nenas mental
ou fisicamente impedidos teñen
dereito a gozar dunha vida plena.
Artigo 23 da Convención sobre os Dereitos do Neno e a Nena

Abril 2020


PAPAGAIO7- ABRIL 2020 DIXITAL.pdf - página 1/7
 
PAPAGAIO7- ABRIL 2020 DIXITAL.pdf - página 2/7
PAPAGAIO7- ABRIL 2020 DIXITAL.pdf - página 3/7
PAPAGAIO7- ABRIL 2020 DIXITAL.pdf - página 4/7
PAPAGAIO7- ABRIL 2020 DIXITAL.pdf - página 5/7
PAPAGAIO7- ABRIL 2020 DIXITAL.pdf - página 6/7
 




Descargar el documento (PDF)

PAPAGAIO7- ABRIL 2020 DIXITAL.pdf (PDF, 10.1 MB)





Documentos relacionados


Documento PDF papagaio7  abril 2020 dixital
Documento PDF 01mecoset06
Documento PDF boletin 1 decembro 2015
Documento PDF imos escribir unha historia pequenia en galego
Documento PDF mx feminismos
Documento PDF naturais semana do 14 ao 17 de abril

Palabras claves relacionadas