PAPAGAIO7 ABRIL 2020 DIXITAL.pdf


Vista previa del archivo PDF papagaio7--abril-2020-dixital.pdf


Página 1 2 3 4 5 6 7

Vista previa de texto


10

11

QUERO SER UN LUMEN
pezaba a entrarlle o sono e acordou
meterse na cama, viu unha luz que
despuntaba no medio da escuridade.
Un ronsel cruzou o horizonte e Brais
achegouse ata pegar o nariz contra o
cristal da xanela.
De xeito sorprendente, a estrela non
seguiu na dirección que
levaba. De súpeto
virou de forma
brusca e colocouse
de fronte ao edificio do neno, que
non puido percibir
o movemento porque xusto nese intre
pechara os ollos
para pedir o seu
desexo.
Pero que
demo pasa?,
preguntouse
ao volver abrir
os ollos e darse conta de
que a luz
viña directa cara
a el. Facíase cada
vez máis
grande e nítida.
O máis rechamante era que,
en lugar de coruscar con máis forza,
perdía a súa intensidade segundo se
aproximaba.
Cando a luz se apagou case por
completo viu algo máis: sobre ela, coma
se cabalgase a lombos do meteorito,
ía unha criatura horrible. Unha especie
de monstro cuberto de pelo marrón,
cos ollos moi grandes, verdes e coas
pupilas vermellas e brillantes. As súas
mans eran como garras afiadas que se
cravaban na pedra sobre a que viaxara
ata alí desde o espazo exterior.
Aínda que non o escoitaba, parecía
gorlar como un can rabioso. Abría e

pechaba a súa boca chea de dentes
tan afiados como as súas garras.
Viña a por el.
Preso do pánico, a punto estivo de
berrar para chamar os seus pais. Pero,
en lugar diso, da súa boca saíu nun
berro o nome que daba voltas na súa
cabeza a diario:
—Lumens!
O monstro alieníxena estaba
a poucos metros del, xa podía
ver con claridade a
súa pelame graxenta e os
músculos
tensos como
os dun lobo salvaxe que
está a piques de
saltar sobre as galiñas para
devoralas.
Entón sucedeu algo
tan inesperado como
aquel atacante chegado desde
o espazo exterior.
Ao seu lado apareceu unha
figura, apenas unha silueta escura
un pouco máis baixiña que el. Estendeu
a súa man negra e tomou a de Brais.
Estaba quente e o seu tacto éralle
familiar.
A sombra achegouse a el e rumoreoulle con voz tranquilizadora:
«
»
As verbas de Mariola —aínda que
non podía saber que as pronunciaba
ela— funcionaron como unha alarma
e o neno incorporouse de súbito na
cama, sobresaltado.
Nin sequera lembraba cando se metera entre as sabas e quedara durmido.
ABRAHAM CARREiRO

uen precisa ser un Lumen? Vaia
cuadrilla de frikis.
Brais repetíao cada día para
convencerse a si mesmo. Pero
o certo é que sempre quixera pertencer a aquela
banda. As súas bromas
en clase acostumaban estar destinadas
a chamar a atención de Xurxo e Tristán.
Sabía que tiña que demostrar algún
talento se quería integrarse, e nada se
lle daba mellor que as trasgadas.
Pero Os Lumens non adoitaban meterse en problemas, así que a súa habilidade adoitaba causar o efecto contrario.
Tampouco podía evitar ser como
era. Se tan comprensivos se consideraban os seus compañeiros, deberían
aceptalo.
Pero, algunha vez pedíralles expresamente formar parte da cuadrilla?
A eles non. Desexábao con toda a
súa alma e suplicábao a forzas invisibles, en lugar de facer o máis doado
do mundo, que sería achegarse a eles
e propoñelo. Temía un rexeitamento
directo, non soportaba que lle dixesen
que non.
Así pois, aquela noite plantouse
diante de xanela do seu cuarto, subiu
a persiana e empezou a espreitear o
ceo na procura da
da que o seu profesor de Ciencias
Naturais lles falara aquela mesma mañá.
Para que logo digan que nunca presto
atención en clase, pensou.
Segundo tiña entendido, as estrelas
fugaces posuían o poder de conceder
desexos. Así que lle pediría ao asteroide
que os seus compañeiros de clase o
convidasen a formar parte dos Lumens.
Que aventuras vivirían aqueles rapaces? O certo era que non o sabía,
pero a súa imaxinación exaltábase cada
vez que pensaba niso.
Ao cabo dun intre longo, cando em-