PAPAGAIO7 ABRIL 2020 DIXITAL.pdf


Vista previa del archivo PDF papagaio7--abril-2020-dixital.pdf


Página 1 2 3 4 5 6 7

Vista previa de texto


8

9

HISTORIA
A

B

C

D

E

F

G

H

8

7

6

5

4

3

2

1

A xente dos castros comía marisco e peixe fresco canto quería. Unha mariscada seguida
dun rodaballo ao forno era algo
corrente, de diario. Incluso xa
debía aborrecer. Non é que fosen ricos, pero tíñano ao pé da
casa. Dos castros da costa, claro;
a xente do interior era máis de
carne: porco bravo, lebre, corzo,
perdiz, etc.
Pode parecer raro, pero naquela
época xa había zamburiñas,
mexillóns, percebes, nécoras,
lorchos, xurelos, rinchas e todo

o marisco e peixe que hoxe podemos mercar nunha peixaría.
Os castrexos non deixaron nada
escrito sobre estas cousas nin
sobre cousa ningunha, pero sábese o que comían polos restos
que quedaron nos cuncheiros,
vertedoiros onde botaban os
restos da comida: cunchas, espiñas, ósos, mondas, etc.

Busca polo castro:
Landra. Froito do carballo co
que os castrexos facían fariña.

Muíño. Este é de man. Cun rolo
de pedra esmágase o gran sobre
outra pedra en forma de nave,
para obter a fariña.
Anzol. Gancho no que se pon
o engado para pescar.
Forno. Este é de pedra. Eran
máis lentos que os de microondas, pero cociñaban con máis
sabor.
Alxibe. Depósito onde se recolle a auga da chuvia.
Arracada. Pendente en forma
de aro. As mulleres castrexas
usábanos de ouro.
Cuncheiro. Depósito onde os

castrexos botaban cunchas, espiñas, ósos e outro refugallo.
Lapa. Molusco univalvo mariño,
de cuncha cónica, que vive pegado ás rochas.
Cervexa. Bebida feita de orxo
que se bebía nos castros. Polo
menos antes de que os romanos
trouxesen a moda do viño.
Ollomol. Peixe rosado, moi saboroso cociñado ao forno.
SOLUCIÓNS: landra (3F); muíño
(3D); anzol (7F); forno (3, 4FG);
alxibe (1, EF); arracada (5E); cuncheiro (5, 6BC); lapa (8A); cervexa
(1B); ollomol (3FG).

MARISCO E PEIXE DA RÍA