PAPAGAIO7 ABRIL 2020 DIXITAL.pdf

Vista previa de texto
6
7
Entrevista con Saray Bonet,
psicóloga infantil
“ CANDO PASE TODO
DEBEMOS BICARNOS E
ABRAZARNOS”
ABRAHAM CARREiRO
Pode afectar psicoloxicamente aos nenos o illamento polo coronavirus?
Si, depende do carácter ou personalidade
que teñan pode afectarlles de diferentes
maneiras. Por exemplo, os rapaces máis
sensibles poden sentirse abrumados polos
cambios repentinos, e poden chorar máis
a miúdo e chegar a experimentar alteracións no sono. Por outro lado, aos rapaces
cun temperamento dificil adoitan costarlles
máis aceptar instrucións ou normas. Os
adultos temos que ser máis tolerantes
estes días, xa que os nenos poden mostrarse
máis nerviosos ca de costume.
Como poden pasar mellor estes días
de encerro na casa?
Hai que establecer unhas rutinas para que
os nenos se sintan seguros e saiban o que
vai ocurrir. Deben entender que non son
unhas vacacións, por iso, deseñar un horario
de comidas, de estudo, etc… é importante.
Tamén axuda facer actividades en familia
como ver películas, xogar a xogos de mesa, bailar, etc.
As redes sociais poden
ser unha axuda?
Somos animais sociais, así
que está ben facer chamadas ou videochamadas
a familiares ou amigas para
relacionarnos e manter o
contacto con outras persoas
e outros nenos.
Recomendas algún libro
para ler estes días?
Gústame moito o conto Rosa
Contra el Virus para que os nenos poidan
entender o que está a ocorrer.
Deberían as nenas poder saír un tempo
á rúa, como en Alemaña ou Bélxica?
Se presentan algún problema psicolóxico
polo que necesiten saír a rúa, si.
Cal é a mellor maneira de recuperarse
cando pase todo isto?
Volver realizar as rutinas que faciamos
antes. E, sobre todo, volver retomar o contacto físico, como bicarse ou abrazarse
cos nosos seres queridos.
Cando volvamos á escola deberiamos
falar das experiencias vividas ou mellor
esquecer o coronavirus para sempre?
Debemos falar do que nos preocupe e das
experiencias vividas para tomar conciencia
do problema que atravesamos.
