BOLETIN 1 DECEMBRO 2015 .pdf

Vista previa de texto
BOLETIN INFORMATIVO DECEMBRO 2015
Tocante ó gasto municipal é hora de falar do tan
recorrente superávit de 200.000 euros, do que o
señor Alcalde non deixou de vangloriarse durante a
campaña electoral. Segundo as últimas explicacións
dadas polo equipo de goberno, ese superávit é en
realidade débeda do Concello á que hai que sumar
outros 50.000 euros de crédito aprobado no último
pleno, co único apoio dos Concelleiros/as do Partido
Popular.
Agora a pregunta que cabe facerse é: ¿Por que
promete o señor Alcalde ós veciños en campaña
electoral arranxar tres capelas? Pena da Sela, San
Roque da Esfarrapa e Orros, así como negociar co
bispado a cesión do campo da festa de Santa María
do Campo, cando de antemán se sabe que o
Concello non pode dispor dese diñeiro.
Sen dúbida, tódolos veciños/as son capaces de
comprender que as súas promesas eran unicamente
coa intención de gañar votos.
Como vedes o noso Concello é unha caixa de
sorpresas, pero non queremos que pensedes que
non estamos a facer o noso traballo. Seguimos coa
mesma ilusión có primeiro día aínda que nos poñan a
“zancadilla” unha e outra vez.
Quedan temas moi importantes que tratar:
velorios, arranxos de estradas e capelas, axudas ós
nosos maiores, postos de traballo para os nosos
veciños/as,... por iso queremos que este sexa o
primeiro de moitos boletíns nos que vos informemos
do que está acontecendo no noso Concello.
Síguenos en Facebook: Polos Veciños
Email: polosvecinos@gmail.com
