BOLETIN 1 DECEMBRO 2015 .pdf


Vista previa del archivo PDF boletin-1-decembro-2015.pdf


Página 1 2 3 4 5 6 7 8

Vista previa de texto


BOLETIN INFORMATIVO DECEMBRO 2015

Dende esta agrupación veciñal asumimos o
compromiso de traballar en conxunto polos nosos
veciños/as, como aconteceu a raíz do incendio do día
29 de xuño de 2015 que asolou montes privados e
comunais das parroquias de Santa Eulalia de
Reádegos e Santiago de Corneda. Esta agrupación
viuse sorprendida polos escasos medios cos que
contaba o Concello para facer fronte a estas
situacións, cando é por todos coñecido que o Irixo se
atopa nun nivel elevado de risco de incendio.

Polos Veciños, ante as recorrentes sospeitas

veciñais de que a causa do lume podía residir no
paso de un tren de Renfe, instou ó concello a
solicitar investigacións policiais, mediante un escrito
presentado no rexistro municipal, para así poder
esclarecer as circunstancias que causaron o incendio,
porque de resultar certas, os afectados poderían ter
dereito a indemnizacións.
Este escrito motivou que días despois dende o
Concello se ditara un bando municipal para informar
destas circunstancias ós veciños/as.
Aproveitamos para recordar a todos aqueles
veciños/as
afectados
que
presentaran
documentación no concello, se informen sobre o
estado de tramitación da mesma.

Síguenos en Facebook: Polos Veciños

Email: polosvecinos@gmail.com