BOLETIN 1 DECEMBRO 2015 .pdf

Vista previa de texto
BOLETIN INFORMATIVO DECEMBRO 2015
O seguinte punto importante que se tratou nos
plenos foi a moción polo peche da biblioteca
municipal, e que Polos Veciños levaba no seu
programa electoral.
No ano 2011 fíxose unha reforma da biblioteca
cunha inversión de 41.412,50 euros, pola empresa
“Construcciones Benigno Álvarez, S.L.”. Despois de
todo este gasto no ano 2014 procedeuse ó peche
definitivo da mesma.
Non pedimos nada novo, só o restablecemento
dun servizo co que este Concello xa contaba e que
como moitas outras cousas, grazas á desidia dos
nosos gobernantes se botou a pique.
Unha biblioteca de calidade e cun persoal
preparado que atraia con actividades, a nenos/as e
adolescentes espertando neles o interese pola
lectura e a cultura.
Os adultos que estudamos no colexio do Irixo
sempre recordaremos con ledicia aquelas visitas
semanais á biblioteca do concello, onde se nos
atendía con paciencia e sobre todo con cariño,
aconsellando o mais adecuado a cada idade ou
inquietude persoal.
O pleno aprobou as medidas propostas polos
grupos da oposición para protexer o fondo
bibliográfico, que ata ese momento estaba pegado
nas fiestras da biblioteca, e contratar persoal
cualificado para facerse cargo da mesma.
Síguenos en Facebook: Polos Veciños
Email: polosvecinos@gmail.com
