BOLETIN 1 DECEMBRO 2015 .pdf


Vista previa del archivo PDF boletin-1-decembro-2015.pdf


Página 1 2 3 4 5 6 7 8

Vista previa de texto


BOLETIN INFORMATIVO DECEMBRO 2015

A resposta do señor Alcalde a esta demanda foi
a creación dunha polémica Concellería de Cultura
que lle permitía solucionar por un lado, o problema
de ilegalidade do cobro de un soldo de 440 euros ó
mes por Dna Mª José Villanueva Dejuane. Este
soldo, segundo o Informe de Legalidade solicitado
polos grupos da oposición ó secretario municipal “É
ILEGAL”. Por outro lado asígnalle o posto de
bibliotecaria á nova Concelleira de Cultura, é dicir, no
concello do Irixo convértense postos de traballo
de carácter laboral en postos políticos, sen ter
en conta os requisitos formativos cos que poidan
contar moitos rapaces e rapazas do Irixo, que se lles
nega o dereito a acceder en igualdade de condicións
a un posto de traballo. O único que se ten en
consideración é a conveniencia persoal do Alcalde e
os Concelleiros/as do Partido Popular que co seu
voto a favor no pleno fomentan o AMIGUISMO.
Esta agrupación veciñal cre que ditos postos de
traballo DEBEN ESTAR NAS MANS DE VECIÑOS/AS
COA
FORMACIÓN
AXEITADA,
non
de
CONCELLEIROS/AS ESCOLLIDOS A DEDO, porque
senón dentro de pouco veremos a algún
concelleiro/a de obras poñendo beirarrúas.

Síguenos en Facebook: Polos Veciños

Email: polosvecinos@gmail.com