BOLETIN 1 DECEMBRO 2015 .pdf


Vista previa del archivo PDF boletin-1-decembro-2015.pdf


Página 1 2 3 4 5 6 7 8

Vista previa de texto


BOLETIN INFORMATIVO DECEMBRO 2015

Queridos veciños/as, como prometemos durante
a campaña electoral publicamos hoxe o noso
primeiro boletín informativo, reflexo do traballo
realizado dende a nosa entrada na oposición
municipal e en resposta ó compromiso acadado cos
nosos votantes e con tódolos veciños/as do Irixo.

Polos Veciños comprometémonos, o día da

presentación da nosa candidatura electoral, a estar a
disposición do pobo, conseguir melloras para o
Concello e dar servizos e oportunidades a todos os
habitantes do Irixo por igual, sen discriminación.

Non é unha tarefa fácil xa que constantemente
atopámonos cun gran muro ”o goberno local”, que
dito sexa de paso, cada vez que hai pleno non aporta
ideas nin melloras para O Irixo senón que se limita a
responder as propostas presentadas dende a
oposición.
Queremos que os nosos veciños/as teñan
coñecemento de que todos os concelleiros/as do
Partido Popular solo asisten os plenos para votar
conforme o que se lle indica dende a alcaldía e en
contra das propostas da oposición, sendo isto o
único que aportan a xestión do Concello.

Polos Veciños considera que todo aquel que

foi elixido como representante dos veciños e veciñas
do Irixo no pleno municipal, por que así o quixeron
estes co seu voto, ten o deber e a obriga, de
traballar por conseguir melloras para a poboación do
concello, sen que isto este motivado por recibir un
soldo con cargo o presuposto municipal.
Síguenos en Facebook: Polos Veciños

Email: polosvecinos@gmail.com