BOLETIN 1 DECEMBRO 2015 .pdf


Vista previa del archivo PDF boletin-1-decembro-2015.pdf


Página 1 2 3 4 5 6 7 8

Vista previa de texto


BOLETIN INFORMATIVO DECEMBRO 2015

O primeiro pleno ó que asistimos foi, só e
exclusivamente, para aprobar coa maioría de votos
do Partido Popular os soldos do equipo de goberno.
Aprobación rexeitada rotundamente polos grupos da
oposición, que consideran un abuso tres soldos a
cargo do presuposto municipal. Ante este feito a
oposición non pode facer nada máis por estar en
minoría.
¿Quen nos ía dicir que en menos de 6 meses
todo isto podía cambiar?
O Excelentísimo Señor Alcalde D. Manuel
Penedo Paradela, a día de hoxe, (ninguén nos
asegura que isto non poida variar) vai ter unha
dedicación parcial pero mantendo íntegras as súas
retribucións de 1.995,95 euros ó mes, é dicir vai
cobrar o mesmo por estar a metade de tempo
no Concello.
Idéntica situación ca do Tenente de Alcalde, D.
Manuel Cerdeira Lorenzo, ó que xa se lle reducira a
xornada anteriormente pero sen recortar nada as
súas retribucións de 1.263,48 euros o mes.
A día de hoxe a todo este abuso hai que sumar
unha terceira dedicación parcial da nova Concelleira
de Cultura Dna. Mª José Villanueva Dejuane, que
pasará a cobrar con cargo ó presuposto municipal
800 euros ó mes.

Síguenos en Facebook: Polos Veciños

Email: polosvecinos@gmail.com