Alegación completa corrixida .pdf



Nombre del archivo original: Alegación completa-corrixida.pdf
Autor: Pedro

Este documento en formato PDF 1.5 fue generado por Microsoft® Office Word 2007, y fue enviado en caja-pdf.es el 09/05/2012 a las 20:36, desde la dirección IP 79.152.x.x. La página de descarga de documentos ha sido vista 1594 veces.
Tamaño del archivo: 2 MB (16 páginas).
Privacidad: archivo público



Vista previa del documento


Á DIRECCIÓN XERAL DE INDUSTRIA, ENERXÍA E MINAS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
ASUNTO: ALEGACIÓN CONTRA AUTORIZACÓN ADMINISTRATIVA, PROXECTO
DE EXECUCIÓN E DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA, DO PARQUE EÓLICO
COTO DE EIRAS, PROMOVIDO POLA EMPRESA PUENTENGASA COTO DE
EIRAS II, S.L. NOS CONCELLOS DE FORNELOS DE MONTES E MONDARIZ.

………………………………………………….…..con D.I. ………………….. e enderezo a
efectos de notificación en,…………………………………………………………………….
,téndose decatado de que no DOG do 13 de abril de 2012 publicase a “RESOLUCIÓN
do 6 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a
información pública a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución, a
declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que
implica, o estudo ambiental e a solicitude de acollida ao réxime especial de produción de
enerxía eléctrica das instalacións referidas ao Parque Eólico Coto de Eiras, nos concellos de
Fornelos de Montes e Mondariz (Pontevedra) (expediente IN661A 2011/16-4”, formula a
seguinte ALEGACIÓN:

Páxina 1

1.- O proxecto de aproveitamento eólico que se presenta afecta ao espazo
natural coñecido como Monte Maior, que inclúe o seu outeiro de maior
altura, de nome Cotodeira, este extraordinario espazo montañoso abrangue
as parroquias de Ventín e Traspielas (Fornelos de Montes), Sabaxáns e
Gargamala (Mondariz). O río Alén, afluínte do Tea e o límite natural do
Monte Maior polo leste1, xa forma parte da Rede Natura 2000 da Unión
Europea, cuxa ampliación está en trámite neste momento e previsiblemente
inclua a meirande parte do Monte Maior afectada por este proxecto de
aproveitamento eólico.

1.1. O Monte Maior acolle, tamén, un extraordinario patrimonio natural, tal e
como se explícita no ANEXO 1, documento adxunto ao presente escrito.

Instantánea das brañas de Monte Maior, situada ao N do outeiro coñecido como Cotodeira

A maiores o Monte Maior acolle, cando menos, un considerable número de
brañas nas que pasta o gando ceibo (vacas e cabalos) que son propiedade dos
veciños de Ventín, Traspielas (Fornelos de Montes) Sabaxáns e Gargamala
(Mondariz). As brañas son terreos encharcados permanentemente, que están
dedicadas a prado.

1

Este elemento natural fai de límite administrativo entre os concellos de Mondariz e Covelo.

Páxina 2

Este tipo de brañas, situadas a unha considerable altura sobre o nivel do
mar, gardan
unha
intensa
relación
con
exemplos
tan
significativos no país como as brañas de Xestoso ou brañas do Xistral.

Gando ceibo pastando nas brañas de Monte Maior e Cotodeira propiedade dos veciños das parroquias
de Sabaxáns e Gargamala

Unha das cruces de termo localizada en Cotodeira, declaradas Bens de Interese Cultural polo Decreto
2
571/1963 (BOE nº 77 do 30 de marzo) Xúntase ficha de catálogo deste ben.

Páxina 3

1.2. O Monte Maior acolle, asemade, un extraordinario patrimonio cultural
de caracter arqueolóxico e etnográfico. Así na parroquia de Gargamala
existe un conxunto de ducias de petróglifos excepcionais (protexidos polo
artigo 40.2º da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e
recentemente catalogados pola Consellería de Cultura e Deporte) e un foxo do
lobo que carece de protección legal.

Igualmente dentro deste ámbito figuran xacementos arqueolóxicos como a
Fonte Santa, o Castro de Erbededo, o Castro de Sabaxáns , Castro do Chouso
ou os círculos líticos de Valongo. Ademais a parroquia de Sabaxáns,
concretamente o lugar coñecido como Chan da Anduriña, conta co único foxo
do lobo duplo que se coñece en Galicia7. Neste sentido cómpre recordar que o
Plano de xestión do Lobo en Galicia (DOG nº 166 do 29/08/06; PC5) da
Consellería de Medio Ambiente aposta por declarar todos os foxos de lobos
como Bens de Interese Cultural (BIC), a máxima protección que prevé a Lei
8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia para un ben cultural.

Páxina 4

Tanto o foxo do lobo de Gargamala como o de Sabaxáns están hoxe
ademais ameazados

por

proxectos

de aproveitamentos mineiros

promovidos por distintas empresas.
3

GA36030***; Coordenadas UTM 547353; 4682840; e 715 msnm 4 GA36030014; Coordenadas UTM
547879; 4680202; e 510 msnm 5 GA36030***; Coordenadas UTM 545815; 4682460; e 638 msnm 6
GA36030***; Coordenadas UTM 546531; 4682153; e 616 msnm 7 Xúntase ficha de catálogo deste ben.

Sobre estas liñas o foxo do Lobo da Chan da Anduriña, situado no Monte Maior, o único foxo do lobo dobre que se
coñece en Galicia. O Plan de Xesión do lobo da Consellería de Medioambiente aposta por declarar estas trampas
Bens de Interese Cultural.

Páxina 5

Á dereita exemplar de pereira
brava ou escarambón na Chan
da Anduriña.
Ábaixo exemplar de acivro no
mesmo lugar

Campo de abrótega ou brotia na Chan da Anduriña.

Páxina 6

Arriba
exemplar
de
Canis
lupus.
Abaixo
Mancomunidade de municipios da Área intermunicipal de Vigo

sinalización

Corvos e alondras son habituais nesta montaña.

Páxina 7

do

GR-58,

da

1.3. Este riquísimo patrimonio cultural explica o paso por Cotodeira do GR-58
coñecido como Sendeiro das Greas8, un roteiro de sendeirismo homologado
promovido pola Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo.

Sobre estas liñas delimitación ideal do Monte Maior e Cotodeira nun plano a escala 1:25000

3.4. O Monte Maior acolle, asemade, un extraordinario patrimonio cultural
de caracter inmaterial. Todos os días 1º do mes de maio Cotodeira é obxecto
dunha peregrinación ancestral por parte dos veciños e veciñas das parroquias
da contorna, pertencentes aos concellos de Mondariz e Fornelos de Montes. A
antigüidade deste rito ten orixe, sen dúbida, nunha tradición pagán xa que
neste lugar

non existe ningún tipo de edificio relixioso, nin tampouco

referencia histórica a algún desaparecido ou pretérito. Xa que logo cómpre
adscribir esta tradición á celebración do equinoccio de primavera, un dos
ciclos astronómicos que pautan o conxunto de festividades no mundo rural
tradicional. Os ritos e celebracións dedicados á deusa Flora remontan a súa
antigüidade

documentada ao tempo da dominación romana. A súa

festividade, a Floralia, celebrábase en abril ou a principios de maio e

Páxina 8

simbolizaba a renovación do ciclo da vida, marcada con bailes, bebidas e
flores. O seu equivalente na mitoloxía grega era Cloris.
3.5

O estudio ambiental que se somete á información pública esquece a

proximidade doutros parques eólicos, concretamente o da serra do Suído, polo
que pode entenderse que incorre en fragmentación, feito que invalidaría a
obxectividade do estudio ao desvirtuar a realidade medioambiental do
contorno, tal e como xa en diversas ocasión téñense pronunciado tribunais
europeos.

Nese mesmo sentido pódese entender a omisión de calquera

referencia á existencia de aproveitamentos mineiros no mesmo Monte Maior nas
inmediacións de Cotodeira, ou incluso a existencia doutros proxectos de
aproveitamentos mineiros en tramitación cuxa localización solápase co polígono
de actuación delimitado polas coordenadas arriba indicadas.
3.6

Apesares da súa ambigüidade, o estudio ambiental presentado na

tramitación do proxecto que se somete a información pública, recoñece certos
impactos ambientais, porén non concreta para nada ningunha medida que deba
aplicarse para reducir, minimizar ou se fose o caso eliminar tales efectos,
quedando estas nun nivel de ambigüidade tal, que invalida calquera suposta
proposta de medida correctora.
3.7

En ningunha parte de toda a documentación que se somete a información

pública, aparece referencia á vida útil prevista para o parque eólico, e apesares
de que nalgún momento se fala de actuacións de reposición (rexeneración) á
finalización do aproveitamento, non aparece ningunha concreción ao respecto
nin orzamento de execución de tales actuacións.
3.8

O outorgamento de autorización administrativa para esta instalación,

abortaría a previsible inclusión deste territorio na Rede Natura 2000 da UE, paso
previo ao outorgamento dun nivel superior de protección medioambiental, que
contribuiría sen lugar a dúbidas ao impulso doutras actividades económicas
de interese para o desenvolvemento da zona e específicamente dun sector
económico que contou con importante de finanzamento público, falamos do
proxecto turístico que xira entorno ao complexo termal asentado en Mondariz

Páxina 9

Balneario, localizado a escasos quilómetros da zona onde se pretende localizar
este aproveitamento eólico, cuxo enfoque xeral baseado na pureza e cualidades
da auga, iserido directamente nun medio natural privilexiado, o que resulta
incompatible co impacto visual e medioambiental que provoca esta actuación
localizada na cabeceira da zona de aportes hídrico ás fontes termais.

As canteiras ameazan este privilexiado espazo natural. Na imaxe canteira a ceo aberto de Traspielas, situada á
beira de Cotodeira

Abrigo de pastores no alto de Cotodeira

Páxina
10

2.- Que o ámbito onde se pretende o parque eólico emprazase nas seguintes
coordenadas UTM, segundo as que pódese apreciar que a delimitación do
polígono de actuación (469ha.) abrangue unha superficie moi superior á da
localización doa aeroxeradores:
Coordenadas da poligonal de delimitación:
545937.3
4685183.1
547309.5
546041.2
4684837.2
546682.0
546352.3
4684980.9
546807.2
546770.8
4685110.0
547406.5
546920.4
4685224.2
547838.7
547021.1
4685245.1
548096.9
547456.7
4685026.7
547843.0
547623.3
4685257.1
547716.2
547443.2
4685610.9
547545.3
547315.2
4685871.2
546814.2
547535.9
4685993.3
546314.5
547704.8
4685993.3
546166.5
548255.9
4685449.3
545982.8
548317.1
4684684.5
545684.9
548302.5
4684669.8
545588.7
548185.0
4684684.4
545380.2
548109.8
4684636.0
545001.0
547900.2
4684634.0
545001.0
547671.9
4684641.6
545189.8
547430.5
4684718.5
545627.8
547688.5
4683954.5
Coordenadas dos aeroxeradores:
CE
CE
CE
CE
CE
CE
CE
CE
CE
CE
CE
CE
CE
CE
CE
CE

01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16

545231
545504
545763
545863
546136
546343
546492
546635
546871
546951
547305
547435
547725
547985
547692
547826

4685487
4685284
4685068
4684735
4684442
4684169
4683782
4683275
4683120
4682850
4684465
4684080
4685635
4685416
4682468
4682219

Páxina
11

4683826.5
4683845.2
4683401.2
4683132.8
4682617.4
4682137.7
4682001.0
4682001.0
4682318.6
4682480.1
4683209.5
4684070.7
4684313.1
4684632.8
4684952.9
4685126.8
4685408.8
4685512.9
4685766.8
4685441.2

3.- CONSIDERACIÓNS FINAIS
1º. Que o Monte Maior e Cotodeira constitúen un dos espazos interiores de
maior interese ambiental do sur de Galiza. No contexto dos montes
meridionais, este lugar distínguese pola súa calidade ambiental.
2º. Que o o Monte Maior e Cotodeira constitúen unha interesante área de paso
nas migracións de diversas especies de aves, tanto terrestres como acuáticas
e conta coa presenza de diferentes especies de animais escasos e a protexer
segundo diferentes Directivas Europeas e Catálogos de Fauna Ameazada.
3º. Que o Monte Maior e Cotodeira acollen diversos hábitats de interese
comunitario, algúns tan importantes como as pradeiras de Nardus stricta,
breixeiras húmidas e turbeiras.

4º. Que no Monte Maior e Cotodeira viven centos de cabezas de gando ceivo
(nomeadamente cabalos e vacas) que é propiedade dos veciños das parroquias
limítrofes (Ventín, Traspielas, Sabaxáns e Gargamala,). Este gando constitúe
unha relevante fonte de ingresos para os seus propietarios, ademais de unha
riqueza biolóxica que, por riba, axuda a previr os incendios forestais.
5º. Que o Monte Maior e Cotodeira posúe un patrimonio cultural de caracter
etnográfico (nel se levanta o único foxo do lobo duplo de Galiza) e
arqueolóxico extraordinario e único (nel se levantan mámoas, castros e ducias
de petróglifos, algúns deles dos máis interesantes do país segundo todos os
expertos, nomeadamente o investigador de arte rupestre e arqueólogo do
Museo de Pontevedra Antonio de la Peña Santos), cuxa conservación e posta
en valor desde unha perspectiva científica e turística é totalmente
incompatible coa explotación de canteiras e a instalación de parques eólicos.
6º. Este valioso patrimonio natural e cultural explica o paso por Cotodeira do
GR-58 coñecido como Sendeiro das Greas, un roteiro homologado promovido

Páxina
12

pola Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo que os concellos de
Fornelos de Montes e Mondariz están obrigados a protexer convenientemente.
7º Que o estudio ambiental presentado é de tal ambiguidade que resulta inutil
para o fin que debe cumplir.

Por todo isto SOLICITO:
Que se denegue a autorización administrativa, que non se aprobe o proxecto
de execución deste parque eólico e menos aínda a declaración de utilidade
pública, a fin preservar os valores ambientais e culturais do espazo definido
polas coordenadas UTM citadas no proxecto, por supoñer un impacto
ambiental CRÍTICO sobre a paisaxe e o patrimonio natural e cultural deste
ámbito, sendo totalmente contraditorio co establecido pola Lei 8/95 do
Patrimonio Cultural de Galiza, Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español e
Lei 9/2001 de Conservación da Natureza, Directiva Europea 92/43/CEE,
Directiva Europea 79/409/CEE, Catálogo Galego de Especies Ameazadas.
En ……….………………. , a … de maio de 2012

Asdo.-

Páxina
13

ANEXO 1: O PATRIMONIO NATURAL DO MONTE MAIOR E COTODEIRA (concellos de Fornelos de Montes-Mondariz)

1- AS COMUNIDADES VEXETAIS

A) HÁBITATS DE INTERESE COMUNITARIO
Este espazo natural acolle unha superficie catalogada como “Breixeiras húmidas atlánticas meridionais de
Erica ciliaris e E. tetralix”(cód. 4020). Estas breixeiras húmidas constitúen un Hábitat Prioritario segundo os anexos
do Real Decreto 1193/1998 e o Anexo I da Directiva Comunitaria 92/43/CEE. Accolle tamén unha superficie catalogada
como “Turbeiras ácidas de esfagnos”, sendo este un Hábitat Prioritario segundo os anexos do Real Decreto
1193/1998. Estas turbeiras constitúen un Hábitat Prioritario segundo os anexos do Real Decreto 1193/1998 e o
Anexo I da Directiva Comunitaria 92/43/CEE.
Asemade conta cun terceiro Hábitat Prioritario (incluído no Anexo I da Diectiva 92/43/CEE. Trátase do
denominado “Formacións herbosas con Nardus”(cód. 6230).e ademais unha superficie catalogada como “Breixeiras
secas” ( cód. 4030); “Vexetación casmofítica de pendentes rochosas. Subtipo silícola”, (cód. 8220) e “Pastos
pioneiros en superficies rochosas” (cód.8230) sendo os tres Hábitats de Interese Comunitario segundo o Anexo I:
Tipos de Hábitats Naturais de Interese Comunitario para cuxa conservación é preciso designar zonas especiais
de conservación, da Directiva 92/43/CEE. A non protección desta superficie contradiría a citada Directiva.
B) OUTRAS COMUNIDADES VEXETAIS
O Monte Maior e Cotodeira ocupa unha superficie onde se asenta unha importante poboación de Ulex micranthus,
endemismo do S de Galicia e N de Portugal. A non protección deste espazo e a construcción dunha canteira ou dun
parque eólico danaría gravemente a esta especie neste lugar.

2- A FAUNA
2.1-A NIVEL XERAL
1º) Que a construción dun parque eólico, acarrearía un grave impacto para a fauna, a flora e o ecosistema da zona
en xeral.
2.2-A NIVEL ESPECÍFICO
A) A AVIFAUNA SEDENTARIA E ESTIVAL
1º) Que a construción do parque eólico derivaría na invasión do hábitat onde se reproduce unha variada avifauna:
Alauda arvensis, Lullula arborea, Saxicola torquata, Carduelis cannabina, Sylvia undata, Turdus viscivorus,
Prunella modularis, Alectoris rufa , Emberiza cia, Carduelis chloris,… Outras especies ocupan habitualmente este
espazo na súa busca de alimento: Corvus corax, Buteo buteo, Falco tinnunculus, Falco subbuteo,… Lullula arborea,
Saxicola torquata, , Sylvia undata, Prunella modularis, Emberiza cia, Buteo buteo, Falco tinnunculus e Falco
subbuteo están incluídas no Tomo IV: especies catalogadas como “de interese especial” dentro do Anexo I do
Catálogo galego de especies ameazadas.
Neste enclave, observanse dúas especies de aves consideradas de distribución local en Galicia como son o Asio otus
e o Lanius meridionalis. Destacamos que o lugar acolle a unha poboación moi meridional en Galicia da petiña das
árbores (Anthus trivialis), especie escasa neste contexto xeográfico. Nas proximidades de Sabaxáns e Gargamala
constatouse ademáis a presenza estival do miñato abelleiro (Pernis apivorus), especie recollida no Anexo I da
Directiva 79/409/CEE, de nidificación moi localizada nas provincias litorais.
Ademáis, Asio otus, Lanius meridionalis, Anthus trivialis e Pernis apivorus están incluídas no Tomo IV: especies
catalogadas como “de interese especial” dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas.
A construcción de parques eólicos no Monte Maior ou Cotodeira afectaría a esta especies neste lugar e contradí a
citada Directiva e o citado catálogo.
Constatase que aquí crían tres especies de aves: Lullula arborea, Sylvia undata e Caprimulgus europaeus, que están

Páxina
14

incluídas no Anexo I: Especies de Aves obxecto de medidas de conservación, da Directiva 79/409/CE e no
Tomo IV: especies catalogadascomo “de interese especial” dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies
ameazadas. A construción de parques eólicos danaría a estas especies neste lugar e contradí o artigo número 4 da
citada Directiva e o citado catálogo. Nas proximidades de Sabaxáns e Gargamala aniña o falcón pelengrín (Falco
peregrinus), e a aguia albela (Circaetus gallicus), especies incluídas tamén no Anexo I: Especies de Aves obxecto
de medidas de conservación, da Directiva 79/409/CE e no Tomo IV: especies catalogadas como “de interese
especial” dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas.
Outras especies que se reproducen na contarna son o corvo grande (Corvus corax) e o tecelán (Falco
tinnunculus); este último incluído tamén no Tomo IV: especies catalogadas como “de interese especial” dentro do
Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas. A construción de parques eólicos no Monte Maior e
Cotodeira danaría a estas especies neste lugar e contradí o artigo número 4 da citada Directiva e o citado
catálogo.
B) A AVIFAUNA INVERNANTE
No Monte Maior e Cotodeira invernan habitualmente especies como Anthus pratensis e Turdus iliacus. Anthus
pratensis é unha especie incluída no Tomo IV: especies catalogadas como “de interese especial” dentro do Anexo I
do Catálogo galego de especies ameazadas. Tamén invernan dúas especies de aves: Falco columbarius e Circus
cyaneus, que están incluídas no Anexo I: Especies de Aves obxecto de medidas de conservación, da
Directiva 79/409/CE; ademáis, Cyrcus cyaneus está incluída no Tomo III: especies catalogadas como
“vulnerables” e Falco columbarius no Tomo IV: especies catalogadas como “de interese especial” dentro do
Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas.
A construcción de canteiras e parques eólicos neste espazo natural danaría a estas especies neste lugar e contradí o
artigo número 4 da citada normativa e o citado catálogo.
C) AS AVES MIGRATORIAS
O Monte Maior e Coto de Eira serven como zona de paso nos desprazamentos migratorios de diversas
especies de aves terrestres. Destacamos en especial a elevada presenza de: Lapamoscas cincento (Muscicapa
striata), pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe) e lavandeira verde (Motacilla flava), as tres especies incluídas no
Tomo IV: especies catalogadas como “de interese especial” dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies
ameazadas. Outras especies observadas durante estes desprazamentos son: Lapamoscas negro (Ficedula hypoleuca),
petiña común (Anthus pratensis), tordo malvís (Turdus iliacus), rola común (Streptopelia turtur) , poupa (Upupa
epops) e cuco (Cuculus canorus). Ficedula hypoleuca, Anthus pratensis, Upupa epops e Cuculus canorus son
catro especies de aves incluídas no Tomo IV: especies catalogadas como “de interese especial” dentro do Anexo
I do Catálogo galego de especies ameazadas.
Tamén obsérvanse nos pasos migratorios prenupcial e posnupcial sete especies de aves: Milvus migrans, Pernis
apivorus, Hieraaetus pennatus, Circaetus gallicus, Circus pygargus, Asio flammeus e Lanius collurio que están
incluídas no Anexo I: Especies de Aves obxecto de medidas de conservación, da Directiva 79/409/CEE;
ademáis, Circus pygargus está incluída no Tomo III: especies catalogadas como “vulnerables” e Milvus migrans,
Pernis apivorus, Hieraaetus pennatus, Circaetus gallicus, Asio flammeus e Lanius collurio están incluídas no Tomo
IV: especies catalogadas como “de interese especial” dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies
ameazadas. A construción de canteiras e parques eólicos danaría a estas especies neste lugar e contradí o artigo
número 4 da citada normativa e o citado catálogo.
D) OS MAMÍFEROS
No Monte Maior e Cotodeira existe unha interesante poboación itinerante de lobo (Canis lupus subsp.
signatus) que se considera Especie de Interese Comunitario segundo o Anexo II: Especies Animais e Vexetais
de Interese Comunitario para cuxa conservación é preciso designar zonas especiais de conservación, da
Directiva 92/43/CEE e que está incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. A realización do proxecto
danaría gravemente as poboacións desta especie no lugar polo que se contradí a citada Directiva e o Catálogo
Galego de Especies Ameazadas.
Aquí habitan as seguintes especies de morcegos: Rhinolophus ferrumequinum, R. hipposideros, Myotis myotis, que
se consideran Especies de Interese Comunitario segundo o Anexo II: Especies Animais e Vexetais de Interese
Comunitario para cuxa conservación é preciso designar zonas especiais de conservación, da Directiva 92/43/CEE e
están incluídas no Tomo III: especies catalogadas como “vulnerables” dentro do Anexo I do Catálogo galego
de especies ameazadas. A construción dun parque eólico neste espazo danaría gravemente as poboacións destas tres
especies polo que se contradí a citada Directiva e o Catálogo galego de especies ameazadas.

Páxina
15

E) A HERPETOFAUNA
O Monte Maior e Cotodeira é nunha zona onde habitan as seguintes especies de réptiles e anfibios: Lacerta
schreiberi, Chalcides bedriagai, Chioglossa lusitanica, Discoglossus galganoi, Alytes obstetricans, Bufo calamita
que se consideran Especies Animais de Interese Comunitario que requiren unha protección estricta segundo o
Anexo IV da Directiva 92/43/CEE; ademáis, Chalcides bedriagai, Chioglossa lusitanica e Pelobates cultripes están
incluídas no Tomo III: especies catalogadas como “vulnerables” e Lacerta schreiberi, Discoglossus galganoi, Alytes
obstetricans Bufo calamita no Tomo IV: especies catalogadas como “de interese especial” dentro do Anexo I do
Catálogo galego de especies ameazadas. Cómpre salientar tamén que moitas delas están catalogadas como
especies endémicas do NO da Península Ibérica. A non protección legal deste espazo danaría gravemente ás
poboacións destas sete especies polo que se contradí a citada Directiva e o Catálogo galego de especies ameazadas.

Páxina
16


Alegación completa-corrixida.pdf - página 1/16
 
Alegación completa-corrixida.pdf - página 2/16
Alegación completa-corrixida.pdf - página 3/16
Alegación completa-corrixida.pdf - página 4/16
Alegación completa-corrixida.pdf - página 5/16
Alegación completa-corrixida.pdf - página 6/16
 




Descargar el documento (PDF)

Alegación completa-corrixida.pdf (PDF, 2 MB)





Documentos relacionados


Documento PDF alegaci n completa corrixida
Documento PDF postostraballo
Documento PDF 01mecoset06
Documento PDF papagaio7  abril 2020 dixital
Documento PDF diptico campamentos 2015
Documento PDF manualpracticonendodango

Palabras claves relacionadas