postostraballo.pdf


Vista previa del archivo PDF postostraballo.pdf


Página 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13

Vista previa de texto


18

Núm. 098 – Sábado, 2 de Mayo de 2015

B.O.P de Lugo

Vilalba, a 17 de abril de 2015.- O Alcalde Presidente, Gerardo Criado Guizán
R. 1710

XOVE
Anuncio
Por Decreto de Alcaldía de data 20 de abril, aprobouse inicialmente o Padrón da Taxa pola prestación dos
servizos de subministración de auga, no que se inclúe o canon de auga, e pola recollida de lixo domiciliaria
correspondente ó cuarto trimestre de 2014.
Por medio do presente ponse no coñecemento dos contribuíntes obrigados ó pago, que dispoñen de un
prazo de quince días, contados a partires da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ó
obxecto de que poda ser examinado e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevado
a definitivo si, transcorrido o prazo de exposición pública, non se tivese formulado ningunha reclamación contra
o mesmo.
Contra o mesmo poderase interpoñer o recurso de reposición no prazo de un mes dende a publicación deste
anuncio, sendo o procedente no caso do canon da auga a reclamación económico – administrativa ante a Xunta
Superior de Facenda (Consellería de Facenda) no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación.
PERÍODO DE COBRO
De conformidade co disposto no artigo 24 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o
Regulamento Xeral de Recadación, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario o comprendido entre os
días 21 de abril de 2015 ata 20 de xuño de 2015.
Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo, esixíndose as débedas
polo procedemento de constrinximento, reportando o recargo de constrinximento, xuros de demora e, no seu
caso, as costas que se produzan.
No caso do canon da auga a falta de pago no período voluntario suporá a súa esixencia directamente pola vía
de constrinximento pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.
O presente anuncio, en ámbolos dous supostos de anuncio de exposición ó público do Padrón e período de
cobro en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ó amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei
58/2003, de 17 de decembro.
Xove, a 20 de abril de 2015.- O ALCALDE, JOSE DEMETRIO SALGUEIRO RAPA
R. 1711

SOCIEDAD URBANÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO, S.A.
Anuncio
BASES ESPECÍFICAS PARA A SELECCIÓN DO
PERSOAL NECESARIO PARA A XESTIÓN DOS CENTROS DE ATENCIÓN A TERCEIRA IDADE DA SOCIEDAD
URBANÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO, S.A.
1.- OBXECTO.
A presente convocatoria ten por obxecto a selección, mediante oposición libre, do persoal necesario para a
confección do listado dende onde se proveran, seguindo o orden de valoración das probas respectivas, as prazas
previstas no organigrama de persoal da Sociedad, aprobado en data de 13 de novembro de 2014 polo Consello
de Administración da Sociedad Urbanística Provincial de Lugo, S.A. (SUPLUSA), todas elas nos tempos necesarios
e para a posta en funcionamento dos centro de atención a terceira idade que xestiona SUPLUSA na provincia de
Lugo.
As prazas obxecto desta convocatoria serán as seguintes:
GOBERNANZA: Encargado de organizar o funcionamento dos centros de atención a maiores da
Sociedad, distribuír e coordinar o persoal, así como dirixir o funcionamento dos servizos de comedor, coa
supervisión e adquisición de subministros, office, lavandería, lencería e limpeza. Colaborar nas confeccións de
menús, supervisar as condicións sanitarias das dependencias e alimentos servidos. En xeral todas aquelas
actividades que se lle pidan de acordo co seu posto de traballo.
TRABALLADOR/A SOCIAL: Encargado de planificar o traballo social no centro mediante unha adecuada
programación de obxectivos e racionalización do traballo, realizar tratamentos sociais a todos os residentes,
fomentar a integración e participación dos residentes na vida do centro, realizar as xestións necesarias para a
resolución dos problemas sociais que afecten os residentes en relación coas entidades. En xeral todas aquelas
actividades que se lle pidan de acordo coa súa titulación e profesión.