postostraballo.pdf

Vista previa de texto
20
Núm. 098 – Sábado, 2 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
- PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL: Será necesario estar en posesión do título de diplomado ou grado en
traballo social, ou equivalente.
- PRAZA DE TÉCNICO: Título universitario de escola técnica relacionado coas tarefas do posto de traballo.
- PRAZA DE OFICIAL DE MANTEMENTO: Será necesario estar en posesión dun ciclo de FP ou título
equivalente relacionado co posto de traballo.
- PRAZA DE XEROCULTOR/A: Será necesario o título de técnico en coidados auxiliares de enfermería, ou
técnico de atención sociosanitaria, así como o certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a
persoas dependentes en institución sociais ou vías equivalentes.
- PRAZA DE COCIÑEIRO/A: Será necesario estar en posesión do ciclo de FP ou título equivalente relacionado
coas tarefas do posto de traballo.
- PRAZA DE CONDUTOR/A: Será necesario estar en posesión do título de EXB ou ESO, así como estar en
posesión do carné de conducir de clase B.
- PRAZA DE LIMPADOR/A: Será necesario estar en posesión do título de EXB ou ESO.
3.- SOLICITUDES.
3.1.- FORMA.
Aqueles que desexen formar parte no proceso selectivo deberán facelo constar en instancia axustado ó
modelo que figura no ANEXO I desta convocatoria na que se manifesta que o aspirante reúne todos e cada un
dos requisitos establecidos nestas bases, irá dirixida ó Sr. Presidente de SUPLUSA e acompañarase
inescusablemente da copia autenticada do DNI.
O enderezo que figure nas instancias considerarase como o único válido a efectos de notificación, sendo
responsabilidade única dos aspirantes tanto os erros na súa consignación coma na comunicación de calquera
cambio nel.
3.2.- PRAZO.
O prazo de presentación de solicitudes rematará ós cinco días hábiles contados a partir do seguinte á
publicación das bases desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Se o último día fose sábado ou
festivo, o prazo rematará o día seguinte hábil.
3.3.- LUGAR.
As solicitudes presentaranse no Rexistro da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, S.A. con domicilio na
rúa San Marcos nº11-2º-27.001-LUGO, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través das formas establecidas no
artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do
Procedemento Administrativo Común. As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos, deberán
entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo empregado do Servizo de Correos antes de seren
certificadas.
3.4.- ERROS NAS SOLICITUDES.
Os erros de feito que puideran advertirse poderán corrixirse en calquera momento, de oficio ou por instancia
do interesado.
No obstante, a presentación de instancias fora do prazo establecido non será emendable e suporá a
exclusión do procedemento selectivo.
4.- DESIGNACIÓN, COMPOSICIÓN E ACTUACIÓN DO ÓRGANO DE SELECCIÓN.
4.1.- COMPOSICIÓN.
O Órgano de Selección estará composto por cinco membros, sendo a súa composición a seguinte:
-
PRESIDENTE: D. Ramón Arias Roca, Xerente de SUPLUSA.
VOGAIS: Dna. Mónica Marras Mosquera, Directora Técnica de SUPLUSA; D. José Ferreiro Fernández,
Tesoureiro de SUPLUSA; Dna. Vanesa Vázquez Abad, Avogada de SUPLUSA.
-
SECRETARIO: D. Javier Giménez Miralles, Secretario de SUPLUSA.
4.2.- ACTUACIÓN DO ÓRGANO DE SELECCIÓN.
O Órgano de Selección constituirase o día 18 de maio de 2015, entendéndose validamente constituído cando
asista a maioría absoluta dos membros do Tribunal, con presenza, en todo caso, do Presidente e o do Secretario.
Na sesión constitutiva adoptaranse as decisións pertinentes para o correcto desenvolvemento da proba selectiva.
A partir da sesión de constitución, o Tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría
absoluta dos seus membros, con presenza, en todo caso, do Presidente e do Secretario, e axustará as súas
actuacións en todo momento ao disposto na Lei 30/92, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e
Procedemento Administrativo Común e ás bases reguladoras desta convocatoria.
