postostraballo.pdf


Vista previa del archivo PDF postostraballo.pdf


Página 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13

Vista previa de texto


19

Núm. 098 – Sábado, 2 de Mayo de 2015

B.O.P de Lugo

TÉCNICO: Responsable dos edificios e do seu mantemento. Colaboración na execución de proxectos e
realización de obra, responsable da seguridade e saúde, elaboración de planos con programa de deseño
asistido, orzamentos e certitificacións de obra.
OFICIAL DE MANTEMENTO: Responsable directo da explotación e mantemento da edificación e de
todas as instalacións dos centros. Encargado de realizar as operacións de explotación, reparación e mantemento
dos centros, as súas instalacións, mobiliario, xardíns, así como o montaxe, axuste e posta a punto de todo tipo
de instalacións de medición, regulación e control simple o automático de temperatura, previsión de caudais, de
niveis analizadores de auga, etc. Realizará os traballos de paleta, pintura, carpintería que sexan necesarios para
o mantemento da instalación ou do edificio. En xeral todas aquelas actividades que se lle pidan de acordo co seu
posto de traballo.
XEROCULTOR/A: Encargado de asistir o usuario do centro de atención na realización da actividade
diaria que non poida realizar por si mesmo, efectuar aqueles traballos encamiñados á súa atención persoal e do
seu entorno, hixiene persoal do usuario, así como efectuar a limpeza e mantemento dos utensilios dos
residentes, facer as camas, recoller a roupa, levala a lavandería e colaborar na limpeza dos cuartos, cociña e
outras zonas comúns. Darlle de comer a aqueles usuarios que non poidan facelo por si mesmos, realizar os
cambios posturais, comunicar as incidencias que se produzan sobre a saúde dos usuarios e en xeral todas
aquelas actividades que se lle pidan de acordo co seu posto de traballo.
COCIÑEIRO/A: Encargado da organización, preparación e distribución da comida con suxeición ao menú
e réximes alimentarios que proporá para a dirección do centro e supervisión do departamento médico, recontar
as existencias cos administradores, comunicar as faltas e vixiar a súa hixiene e uniformidade. Montarán e
desmontaran os carros de cociña, limpeza dos seus útiles de cociña e comedor. En xeral todas aquelas
actividades que e lle pidan de acordo co seu posto de traballo.
CONDUTOR/A: Conducirán os vehículos e executarán como mecánicos condutores toda clase de
reparacións que non requiran elementos de taller.
LIMPADOR/A: Realizará as tarefas propias da limpeza dos cuartos e zonas comúns (camas, cambios de
roupa, fiestras, mobiliario,…). En xeral todas aquelas actividades que se lle pidan de acordo co seu posto de
traballo.
A inclusión na lista non producirá ningún outro dereito que o de ocupar o posto o que se aspire no momento
que se decida pola organización dos centros de atención a terceira idade, comprometéndose SUPLUSA a que a
cobertura das prazas do organigrama de persoal actual sexa cuberta dende o listado correspondente e no orde
establecido polo resultado das probas de selección correspondentes.
O inicio da contratación do persoal realizarase en función das necesidades de SUPLUSA e coa posta en
marcha dos centros de atención a terceira idade de Castroverde e A Fonsagrada, que está prevista para o ultimo
trimestre do ano 2015.
2.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
Os aspirantes deberán manifestar que reúnen os requisitos que seguidamente se sinalan na data de
finalización do prazo de presentación de instancias e que están en condicións de acreditalos, una vez superada a
proba selectiva, antes de que se dite a resolución de nomeamento a favor dos aspirantes que sexan
seleccionados, agás no suposto de compatibilidade que é suficiente a acreditación antes do inicio da relación de
servizo.
2.1.- REQUISITOS XENERAIS.
a) Ter nacionalidade española, ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou nacional
dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por
España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais
doutros Estados membros da Unión Europea ou dos nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados
internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexan de aplicación a libre circulación de
traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán
participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito, sexan
menores de vinte anos ou maiores da dita idade dependentes.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza á que se aspira.
c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d) Posuír a titulación académica esixida no punto 2.2 destas bases para ingresar na praza á que se aspira. No
caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa
homologación.
e) Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a
lexislación vixente.
2.2.- REQUISITOS ESPECÍFICOS.
- PRAZA DE GOBERNANZA: Será necesario estar en posesión do título de diplomado ou grado.