postostraballo.pdf

Vista previa de texto
23
Núm. 098 – Sábado, 2 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
convocatoria. Para a realización desta proba os aspirantes disporán dun tempo máximo de trinta minutos. Esta
exercicio ten carácter obrigatorio e eliminatorio, calificarase de 0 a 25 sendo necesario acadar unha puntuación
de 13 puntos.
•
PARTE PRÁCTICA: Consistirá en desenvolver un suposto práctico, proposto polo Órgano de Selección,
relacionado co posto de traballo, a realizar nun tempo máximo de trinta minutos. Este exercicio ten carácter
obrigatorio e eliminatorio, calificarase de 0 a 25, sendo necesario acadar unha puntuación de 13 puntos para
superalo.
No mesmo día e posterior a realizar o suposto práctico, farase a tradución dun texto de castelán a galego ou
de galego a castelán, obrigatorio e non eliminatorio, que se calificará de 0 a 25 puntos. Estarán exentos da
realización da proba de galego os aspirantes que acrediten posuír no día do prazo de presentación de
solicitudes o Celga 4, curso de perfeccionamento ou estudos equivalentes.
5.2.- COMEZO E DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS.
Os aspirantes deberán presentarse o día 18 de maio de 2015 as 19.00 horas no Pazo Provincial dos Deportes,
Avda. Filarmónica Lucense s/n, Lugo, para a realización do exercicio, provistos de DNI ou documento fidedigno
acreditativo da súa identidade, a xuízo do Tribunal.
Os opositores poderán ser requiridos polo Tribunal, en calquera momento, coa finalidade de acreditar a súa
personalidade.
Os aspirantes serán convocados para o exercicio en chamamento único, quedando decaídos do seu dereito
os opositores que non comparezan a realizalo, agás casos de forza maior, debidamente xustificados e
apreciados libremente polo Tribunal.
6.- LISTA DE SELECCIONADOS, PROPOSTA DO ÓRGANO DE SELECCIÓN, PUBLICACIÓN E NOTIFICACIÓN.
Rematada a calificación, o Órgano de Selección expoñerá a relación de persoas seleccionadas, por orde de
puntuación.
Esta relación farase pública no taboleiro de anuncios de SUPLUSA, contendo así mesmo proposta de
nomeamento a favor dos aspirantes seleccionados.
A proposta de contratación será notificada ós aspirantes propostos ca indicación de que dispoñen dun prazo
de tres días hábiles, contados a partir do seguinte o da recepción da comunicación, de ser declarados
seleccionados, para presentar a documentación que sinala a base seguinte.
7.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS.
Os aspirantes seleccionados terán un prazo de tres días hábiles, a partir do día seguinte da recepción da
notificación de ter superado o procedemento selectivo, para presentar no Rexistro Xeral de SUPLUSA:
a) Fotocopia do DNI, que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa.
b) Certificación en extracto de inscrición de nacemento expedida polo Rexistro Civil correspondente.
c) Fotocopia compulsada dos títulos e documentos que permitan o acceso ó posto de traballo.
d) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o
desempeño das funcións propias do posto.
e) Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria.
Os aspirantes que dentro do prazo indicado, agás casos de forza maior, non presentaran a súa
documentación ou cando da mesma se deducira que carece dalgún dos requisitos sinalados nestas bases e non
poderán ser nomeados, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que
incorreran por falsidade na solicitude.
8.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.
Á vista da proposta formulada Órgano de Selección, comprobado que os aspirantes incluídos na citada
relación de seleccionados presentaron a documentación xustificativa dos requisitos sinalados, e ditada
resolución pola Presidencia, formalizarase o contrato de traballo no momento que SUPLUSA decida oportuno
para o adecuado funcionamento dos centro de atención a terceira idade.
Lugo, 29 de abril de 2015.- Javier Giménez Miralles, Secretario de SUPLUSA, Ramón Arias Roca, Xerente de
SUPLUSA
