postostraballo.pdf

Vista previa del archivo PDF postostraballo.pdf

Página 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13

Vista previa de texto

21

Núm. 098 – Sábado, 2 de Mayo de 2015

B.O.P de Lugo

O Tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes tódalas dúbidas e propostas que
xurdan para aplicación das normas contidas nestas bases e estará facultado para resolver as cuestións que se
poidan suscitar durante a realización da proba, así como para adoptar as medidas necesarias que garantan a
debida orde naquelas en todo o que non estea previsto nas bases.
En caso de ausencia do Presidente titular e do Presidente suplente, actuará no seu lugar o vogal designado en
primeira orde.
Os seus acordos serán impugnables nos supostos e na forma establecida pola Lei 30/1992, de 26 de
novembro, xa citada.
4.3.- INCORPORACIÓN DE ASESORES E PERSOAL DE COLABORACIÓN.
O Presidente poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores naquelas probas que demanden
oír a opinión de técnicos especialistas, así como dos colaboradores en tarefas de vixilancia e control de
desenvolvemento dos diferentes exercicios.
5.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN.
5.1.- CRITERIOS XERAIS.
O proceso selectivo constará dunha única proba obrigatoria, que se dividirá en dous partes, unha teórica e
outra práctica, sendo especifica para cada praza na maneira que se establece a continuación:
- GOBERNANZA:

PARTE TEÓRICA: Consistirá nun exercicio tipo test de vinte e cinco preguntas con catro respostas
alternativas cada unha, sendo só unha delas correcta, relacionadas coas materias que figuran como ANEXO II
desta convocatoria. Para a realización desta proba os aspirantes disporán dun tempo máximo de trinta minutos.
Esta exercicio ten carácter obrigatorio e eliminatorio, calificarase de 0 a 25 sendo necesario acadar unha
puntuación de 13 puntos.

PARTE PRÁCTICA: Consistirá en desenvolver un suposto práctico, proposto polo Órgano de Selección,
relacionado co posto de traballo, a realizar nun tempo máximo de sesenta minutos. Este exercicio ten carácter
obrigatorio e eliminatorio, calificarase de 0 a 25, sendo necesario acadar unha puntuación de 13 puntos para
superalo.
No mesmo día e posterior a realizar o suposto práctico, farase a tradución dun texto de castelán a galego ou
de galego a castelán, obrigatorio e non eliminatorio, que se calificará de 0 a 25 puntos. Estarán exentos da
realización da proba de galego os aspirantes que acrediten posuír no día do prazo de presentación de
solicitudes o Celga 4, curso de perfeccionamento ou estudos equivalentes.
- TRABALLADOR/A SOCIAL:

PARTE TEÓRICA: Consistirá nun exercicio tipo test de vinte e cinco preguntas con catro respostas
alternativas cada unha, sendo só unha delas correcta, relacionadas coas materias que figuran como ANEXO III
desta convocatoria. Para a realización desta proba os aspirantes disporán dun tempo máximo de trinta minutos.
Esta exercicio ten carácter obrigatorio e eliminatorio, calificarase de 0 a 25 sendo necesario acadar unha
puntuación de 13 puntos.

PARTE PRÁCTICA: Consistirá en desenvolver un suposto práctico, proposto polo Órgano de Selección,
relacionado co posto de traballo, a realizar nun tempo máximo de sesenta minutos. Este exercicio ten carácter
obrigatorio e eliminatorio, calificarase de 0 a 25, sendo necesario acadar unha puntuación de 13 puntos para
superalo.
No mesmo día e posterior a realizar o suposto práctico, farase a tradución dun texto de castelán a galego ou
de galego a castelán, obrigatorio e non eliminatorio, que se calificará de 0 a 25 puntos. Estarán exentos da
realización da proba de galego os aspirantes que acrediten posuír no día do prazo de presentación de
solicitudes o Celga 4, curso de perfeccionamento ou estudos equivalentes.
- TÉCNICO:

PARTE TEÓRICA: Consistirá nun exercicio tipo test de vinte e cinco preguntas con catro respostas
alternativas cada unha, sendo só unha delas correcta, relacionadas coas materias que figuran como ANEXO IV