MEMORIA 2014 (GALEGO).pdf


Vista previa del archivo PDF memoria-2014-galego.pdf


Página 1 2 3 4 5 6 7

Vista previa de texto


Programa de Axudas Técnicas: Unha vez recibida a demanda, os

beneficiarios poden vela resolta nun plazo non superior a dúas semanas. A
xestión deste servizo non é complexa e dado que coa cesión deste tipo de
material a demanda queda directamente resolta, podemos concluir que este
programa é un dos que maiores e mellores resultados alcanzan en función
do presuposto dispoñible. Ademais de manter o servizo ás familias que xa
contaban anteriormente cunha ou varias axudas técnicas nos seus fogares,
ao longo deste 2014 puidéronse ceder 48 axudas técnicas a outras tantas familias,
entre camas, guindastres, sillas de rodas, asentos xiratorios de baño, etc, co que
temos resolto preto dun 60 % do total das demandas recibidas (sen contar as
solicitudes de información e asesoramento), un material que durante este ano
deixou de ser empregado por outros usuarios pero que, tras a súa correspondente
revisión técnica, verificouse a posibilidade da súa reutilización.

Programa de Voluntariado: As actividades principais nas que desenvolven as
súas funcións estas figuras son os Obradoiros de Estimulación e a Piscina, nos
que apoian diariamente os nosos terapeutas, sobre todo, a hora de levar a
cabo as propias terapias, así como nas accións de Sensibilización e Promoción
Social, axudando a difundir entre a cidadanía o coñecemento desta difícil
enfermidade e da existencia dunha asociación, a de AFAOR, que pode resultar
de moita axuda para aqueles que a padezan. Todo isto a través da
organización e participación en distintos actos: mesas informativas, eventos
solidarios, etc.

AFAOR. Nuestra Señora de la Saínza Nº 19- bajo. 32005 Ourense. Telf. 988219292; E- mail: recuerda@afaor.com; P.Web: www.afaor.com