MEMORIA 2014 (GALEGO).pdf


Vista previa del archivo PDF memoria-2014-galego.pdf


Página 1 2 3 4 5 6 7

Vista previa de texto


Programa de Información e Acollida: Este servizo funciona ao longo de

todo o ano de xeito ininterrompido a excepción do periodo de vacacional de
verán e nadal, computándose preto de 800 horas de atención directa. Das
actuacións enmarcadas no presente proxecto facilitouse unha intervención
especializada en todas e cada unha das solicitudes rexistradas. Destas 570
demandas, o 20% precisaron de recursos externos a nosa asociación, o que
significa que somos capaces de atender de forma autónoma a 8 de cada 10
peticións de axuda. Ditas demandas centráronse en obter información xeral
da enfermidade, sobre recursos especializados para este tipo de doentes e
sobre os servizos ofrecidos dende AFAOR: apoio emocional ante o
coñecemento do diagnóstico, asesoramento na planificación de coidados
e/ou unha axeitada toma de decisións.

Programa de Intervención Psicolóxica: Como en anos anteriores, foron

varias as actividades desenvolvidas dentro deste programa, sempre ó redor da
atención especializada, próxima e directa con todos aqueles coidadores que
precisan dun apoio psicolóxico específico. Dentro destas actuacións ocupan un
lugar dominante os grupos GAM ou Grupos de Axuda Mutua. Neles, non só se
teñen abordado temáticas relacionadas co coidador e seu día a día co
enfermo, senón tamén, diferentes accións de tempo de lecer, o que nos
axudou sen dúbida algunha a xerar cohesión, complicidade e sensación de
pertenza nos participantes: entre estas actividades destacaron a realización de
distintos obradoiros coma Cociña, Ioga, Pintura, etc.

AFAOR. Nuestra Señora de la Saínza Nº 19- bajo. 32005 Ourense. Telf. 988219292; E- mail: recuerda@afaor.com; P.Web: www.afaor.com