MEMORIA 2014 (GALEGO).pdf


Vista previa del archivo PDF memoria-2014-galego.pdf


Página 1 2 3 4 5 6 7

Vista previa de texto


Programa de Atención Psicolóxica no Medio Rural: Centrado no

concello de Ribadavia, onde desenvolvemos unha labor de apoio e
intervención psicolóxica similar á levada a cabo na capital da provincia,
atendendo telefónicamente a todos aqueles ribadavienses que o precisaron
e pautando intervencións semanais na zona para facer visitas domiciliarias
ou entrevistas no despacho, empregando, para isto último, as instalacións
que a Cooperativa do Ribeiro cede a tal fin. Ó igual que en 2013,
desenvolvéronse Obradoiros de Estimulación Cognitiva para enfermos en
fases leves ou moderadas 1 vez por semana e facilitáronse axudas técnicas
para aqueles casos que así o precisaron; todo iso, gracias a inestimable
colaboración da empresa vitivinícola arriba indicada.

Programa de Divulgación Social: Xunto coa publicitación do programa

a través das nosas redes sociais, o que creemos foi fundamental para o éxito
deste programa, foi a coordinación con diferentes estamentos e axentes
sociais: os concellos da provincia, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial
de Ourense, os centros de saude da cidade e a Federación Galega de
Asociacións de Familiares de Enfermos de Alzheimer (FAGAL). En concreto, en
Celanova, Paderne de Allariz , Carballiño, Ourense e O Barco , podendo
facilitar unha información especializada a centeas de persoas e profesionais.

AFAOR. Nuestra Señora de la Saínza Nº 19- bajo. 32005 Ourense. Telf. 988219292; E- mail: recuerda@afaor.com; P.Web: www.afaor.com