MEMORIA 2014 (GALEGO).pdf


Vista previa del archivo PDF memoria-2014-galego.pdf


Página 1 2 3 4 5 6 7

Vista previa de texto


Programa de Obradoiros de Memoria: Tras observar o grao de

satisfacción obtido en edicións anteriores, as zonas de actuación finalmente
seleccionadas para a realización destes obradorios foron Ourense, Toén,
Barbadás e San Ciprián das Viñas. En concreto, no concello de Ourense é
onde máis atención se prestou a esta actividade, xa que gracias os acordos
celebrados coa Concellería de Benestar Social e de Participación Cidadá, así
como aos executados na nosa propia sede, logramos facer máis dunha decea
destes obradoiros. Este programa obten cada día máis adeptos, xa que os
beneficios da actividade en si e as características da súa metodoloxía animan
á participación activa dos seus usuarios. Calculamos que máis de 270 persoas
disfrutaron destes obradoiros durante o pasado exercicio e agardamos, polo
menos, poder alcanzar unha cifra similar no 2015.

Programa de Obradoiros de Estimulación: É o servizo de AFAOR que, xunto

cos obradoiros de memoria, máis usuarios atende a diario. É preciso aclarar que
xa dende principios de ano, debido a que se traballa de xeito ininterrompido,
contamos con máis de 40 usuarios. Este ano contamos co apoio de varias
entidades privadas e públicas para o desenvolvemento dunha npva edición do
Proxecto de Arteterapia, actividade altamente valorada dentro e fora da nosa
asociacióne que todavía segue a funcionar.

AFAOR. Nuestra Señora de la Saínza Nº 19- bajo. 32005 Ourense. Telf. 988219292; E- mail: recuerda@afaor.com; P.Web: www.afaor.com