proposta textos para debater Monte Xalo.pdf

Vista previa de texto
Centro de Estudos Monte Xalo
Encontro do 3 de maio de 2015
TEXTOS PARA O DEBATE: O ESTADO
TEXTOS BÁSICOS
1. - LENIN, V.; O Estado e a Revolución (1917)
[...] A nosa misión consiste en restaurar a verdadeira doutrina de MARX sobre o Estado [...]
[Segundo expón ENGELS] O Estado xorde no momento en que as contradicións de clase non poden,
obxectivamente, conciliarse [...] As terxiversacións dos ideólogos pequenoburgueses [consisten en]
“corrixir” a MARX de xeito que o Estado resulta ser o órgano de conciliación de clases. [Pero]
Segundo MARX, o Estado é un órgano de dominación de clase, un órgano de opresión dunha clase
por outra, é a creación da “orde” que legaliza e afianza esta opresión.
[...] A terxiversación kautskiana é máis sutil. “Teoricamente” non se nega nin que o Estado sexa o
órgano de dominación de clase non que as contradicións de clase sexan irreconciliábeis. Pero
pásase polo alto o seguinte: se o Estado é un produto do carácter irreconciliábel das contradicións
de clase, se é unha forza que está por encima da sociedade [...] é evidente que a liberación da
clase oprimida é imposíbel, non só sen unha revolución violenta, senón tamén sen a destrución do
aparello de poder estatal.
***
Na república democrática, prosegue ENGELS, “a riqueza exerce o seu poder indirectamente, pero
dun xeito tanto máis seguro”, e exérceo, en primeiro lugar, mediante a “corrupción directa dos
funcionarios” e, en segundo lugar, mediante a “alianza do goberno coa bolsa” [...]
A omnipotencia da “riqueza” é máis segura nas repúblicas democráticas, porque non depende da
mala envoltura política del capitalismo. A república democrática é a mellor envoltura que pode
revestir o capitalismo, [pois] cimenta o seu poder dun xeito tan seguro, tan firme, que ningunha
mudanza de persoas, nin de institucións, nin de partidos, dentro da república democrática
burguesa fai vacilar este poder.
***
ENGELS di que, ao tomar o poder do Estado, o proletariado “destrúe con elo mesmo ao Estado
como tal” [...] ENGELS fala aquí da “destrución” do Estado da burguesía pola revolución
proletaria, mentres que as palabras relativas á extinción do Estado refírense aos restos do Estado
proletario despois da revolución socialista.
A doutrina de MARX e ENGELS sobre o carácter inevitábel da revolución violenta refírese ao Estado
burgués. Este non pode substituírse polo Estado proletario mediante a “extinción”, senón só, por
