01mecoset06.pdf


Vista previa del archivo PDF 01mecoset06.pdf


Página 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12

Vista previa de texto


Club Baloncesto O Meco
Tempada 06-07
nxo
m e n to a A
e
c
e
ñ
o
c
e
R

Unha traxectoria que
ben merece un premio.

Setembro ‘06
Páxina 9

Na ultima edición da Vilagarcía Basket Cup o noso
director deportivo, Anxo Cornes, foi galardoado co premio a traxectoria técnica.
O orgulloso galardoado tivo que aprendelo todo sobre o mundo do baloncesto dende a base. Todos e cada un dos seus logros debese, en gran parte, ao
traballo completo e global que realizou neste deporte ao longo da súa vida. Foi
xogador, adestrador, presidente de club e directivo. Non lle falta de nada no
currículo e na actualidade exerce como director deportivo. Este merecido premio recoñece a labor de moitos anos de traballo polo deporte dende os seus
inicios.
Os que o coñecen afirman que Anxo soubo destacar e primar a deportividade Momento da entrega do
Vilagarcía Basket Cup 2006.
e convivencia sobre a competividade, conseguindo un autentico sentimento de
club e identificación con el mesmo de todos os que o forman. Por todo isto, parabéns

galardón na

O Club agradece, nun acto no pavillón, a labor
desinteresada de Anxo Cornes nos ultimos anos.

Sen tempo para dixerir o galardón da Vilgarcía Basket Cup. O CB O Meco
organizou un acto de recoñecemento e agradecemento
ao noso ben querido Anxo.
Recoñecemento a un
home que dedicou parte da
súa vida a ensinar os valores
Anxo recibindo as felicitacións de Maceiras da educación, a amizade, a
convivencia, o respecto e a superación a través do deporte, a través
do baloncesto.
Sen previo aviso, enganado e con todo o club agochando a sorpresa, chegou o día. O finalizar un dos dous encontros que se disputaban ese fin de semana, todos os xogadores comezaron a descender das gradas. Ao momento, a megafonía reclama
a presencia do director deportivo na cancha. Da comezo o emotivo acto, ao que non faltaron os familiares de Anxo.
Aplausos da numerosa xente que se levantaba na grada e dos xogadores dende a cancha. En unha improvisada pantalla ao fondo proxectaba diferentes instantáneas nas que se recordaba a longa traxectoria no club.
Un emocionado anxo daba as gracias mentres era abrazado por
todos os xogadores/as do club.
En nome da directiva, dos xogadores/as e dos centos de afeccionados, MOITAS GRACIAS.
Gracias por ensinarnos e por
seguirnos ensinando todas as
marabillas deste deporte.
Xogadore/as, seguidores/as e familiares arrouparon a anxo nun emotivo recoñecemento.