01mecoset06.pdf


Vista previa del archivo PDF 01mecoset06.pdf


Página 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12

Vista previa de texto


Setembro ‘06
Páxina 4

Club Baloncesto O Meco
Tempada 06-07

t
M in ib a s k e
ia
c
n
e
iv
v
Con

CONVIVENCIA CO DEPORTE.

Divertirse sen competir, xogar ao baloncesto e disfrutar, de
paso, da compañía dun centenar de nenos e nenas chegados de
Pontecesures, Pontevedra e Vilagarcía.

O 17 de Xuño, o Club Baloncesto O Meco organizou unha xornada de convivencia co deporte.
A esta acudiron 120 rapaces. A metade eran de
O Grove, pero moitos outros chegaron de outros
clubs, como o Río Ulla (Pontecesures), o
Cortegada (Vilagarcía) e o Estudiantes
(Pontevedra), todos eles con ganas de divertirse e xogar, propias da súas idades.

Os encontros celebráronse no pavillón dos deportes durante todo o día. O espacio dividiuse en catro campos
de xogo nos que competiron en tres categorías: prebenxamín, benxamín e alevín.
Para moitos de estes rapaces, para os mais
pequenos, este foi o seu primeiro encontro en
competición, xa que non hai liga prebenxamín.

Por iso o mais importante foi a interrelación
entre nenos de diferentes procedencias, o axudarlle a coñecerse e facer vida social, mais que a
competición en si mesma, na que, aínda que se
anotaron puntuacións, non equipos gañadores nin
perdedores.

O evento comezou co reparto de camisetas, as
10 da mañá, por parte da Concellería de
Xuventude, que patrocinou o evento. Despois os rapaces xogaron ata a unha do mediodía, cando
pararon para dar un paseo no turitrén. A comida foi o aires libre e no pavillón, trala cal se realizaron diferentes
xogos e actividades antes do comezo, de novo dos encontros, ás catro da tarde.

Os rapaces remataron a xornada con un
paseo en barco pola Ría, na que moitos pais
e nais os acompañaron.
A satisfacción mostrada aos membros da
organización durante todo o día por parte
dos participantes, anímanos e comprométenos a volver a repetir a experiencia. Todos
os equipos invitados solicitaron praza para
a vindeira convivencia, que sen dubida se
fará.

FOTO OFICIAL

Dende o Club queremos agradecer a Concellería de Xuventude o patrocinio do evento, así como ao Concello de
O Grove, a Distribuciones Hermanos Fontán e a Actiba Ogrobe a súa colaboración. Sen apoio este tipo de actividades sería moi difícil organizalas.

Gran parte do texto pertence a O GROVE QUINCE, nº100 - FARO DE VIGO

PROGRAMA:
10:00-13:00 .- Partidos baloncesto 3 categorías (Alevíns, Benxamíns, Prebenxamíns)
13:20-14:00 .- Saida para a estación de autobuses para o paseo en Turitrén.
14:30-16:00 .- Descanso para Comer. Ao remate, xogos variados no pavillón.
iogur
16:00-19:00 .- Continuarán os partidos de baloncesto divididos nas 3 categorías
19:00-19:15 .- Foto Oficial do evento con todos os participantes.
19:15-19:45 .- Descanso para Merendar. Ao remate, saida para a zona portuaria.
19:30.- Viaxe pola Ría para todos os rapaces/as, monitores/as e familiares.

CADA PARTICIPANTE TEN:
COMIDA: Bocadillo, botellín de auga e 2 iogures
MERENDA: Bocadillo/sandwich nocilla, auga e
CAMISETA CONMEMORATIVA
PIN DO CB O MECO

ORGANIZA: CB O MECO PATROCINA: XUVENTUDE O GROVE COLABORA: CONCELLO DE O GROVE - DISTRIB. HNOS. FONTAN - ACTIVA OGROBE