01mecoset06.pdf


Vista previa del archivo PDF 01mecoset06.pdf


Página 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12

Vista previa de texto


Club Baloncesto O Meco
Tempada 06-07

Setembro ‘06
Páxina 10
P r e m io s

O Concello prémianos polo traballo en prol da igualdade.

Polo noso traballo no deporte do baloncesto, fomentando a igualdade entre nenos e nenas, rapaces e rapazas, homes e mulleres; así como a promoción da muller no ámbito do
deporte do baloncesto, a Concellería da Muller recoñeceu a nosa labor
galardoándonos co "PREMIO MECA 2005".
Con tan so seis anos de existencia, presentamos unha importante traxectoria na promoción da muller no deporte do baloncesto. Comezando na súa
fundación sen a penas presencia feminina, acadou nestes seis anos varios
obxectivos no referente ao deporte feminino.
Contamos con equipos femininos en tódalas
categorías do deporte base: benxamín, alevín, infantil e cadete. Tamén con equipos mixtos en categorías alevín e benxamín. A demais contamos con equipo feminino na categoría xuvenil en Competición Zonal, sendo o único club da Delegación Arousán que ten
equipos masculinos e femininos en tódalas categorías, (na categoría sénior non hai competición na Federación Arousán). Na tempada 2005-2006 por primeira vez as fichas femininas superan ás masculinas na categoría base. Contamos tamén con adestradoras femininas e unha Directiva mixta.
A entrega dos premios realizouse o 26 de novembro do 2005, como de costume, no
Hotel Louxo de A Toxa. Carmen María foi a encargada de recoller o galardón. O acto congregou unha gran cantidade
de público entre o que se atopaba numerosa representación, sobre todo feminina do club.
Este galardón únese o acadado no ano 2004, onde a Concellería de Deportes premiou a nosa labor na de base.

o fe o s
T ít u lo s -Tr

Dende a súa fundación no ano 99 o CB O Meco conta con unha boa cantidade de títulos
dentro da delegación arousán, ademais de diferentes participacións en competicións de
ambito galego como son a Liga Galega ou a Copa Galicia.
PALMARES:

- Temp. 99/00: Campión Liga Zonal alevín.
- Temp. 00/01: Sub-Campión Copa Zonal infantil feminino.
- Temp. 01/02: Campión Liga Zonal alevín.
Campión Copa Zonal infantil feminino.
Sub-Campión Liga Zonal infantil feminino.
- Temp. 02/03: Campión Copa Zonal cadete masculino.
Campión Liga Zonal cadete feminino.
Sub-Campión Liga Zonal cadete masculino.
- Temp. 03/04: Campión Liga Zonal infantil masculino.
Campión Liga Zonal Infantil feminino.
Campión Copa Zonal júnior masculino.
Campión Copa Provincial júnior masculino.
Sub-Campión Liga Zonal cadete masculino.
Sub-Campión Copa Zonal cadete masculino.
- Temp. 04/05: Campión Liga Zonal cadete masculino.
Campión Copa Zonal júnior masculino.
Sub-Campión Liga Zonal infantil masculino.
Sub-Campión Copa Galicia júnior masculino.
- Temp. 05/06: Campión Liga 2ª Zonal sénior masculino.
Campión Copa Zonal júnior masculino.
Campión Copa Zonal júnior feminino.
Sub-Campión Copa Zonal sénior masculino.
Sub-Campión Liga Zonal cadete masculino.

OUTROS TROFEOS E ÉXITOS COLLEITADOS:
-

1999:
2002:
2003:
2004:
2004:
2004:
2005:

4º Clasificado Trofeo Nadal San Narciso Villa de Marín.
3º Clasificado IV Torneo 3X3 Concello de Moraña.
Participación na Copa Galicia do cadete feminino
4º Final Liga Galega infantil masculino
4º Final Copa Galicia cadete masculino..
4º Final Copa Galicia infantil feminino
Sub-Campión I Torneo Nadal O Grove junior maculino.