01mecoset06.pdf

Vista previa de texto
Setembro ‘06
Páxina 2
P r e s id e n te
Sauda do
Club Baloncesto O Meco
Tempada 06-07
Co numero 1 desta revista ponse en marcha un proxecto que nos
fai moita ilusión e que xa levabamos tempo intentando levar a cabo.
Cando falo do Club Baloncesto O Meco, falo de un amplo grupo de
persoas, porque o club formámolo xogadores, adestradores, directivos, pais, nais,
socios, colaboradores e afeccionados ó baloncesto.
Por iso, dende a directiva, pensamos que esto ha de ter un reflexo, que sería
importante dar a coñecer este traballo, traballo de todos.
O mesmo tempo que dispor dun espacio no que todos nos sintámos identificados,
no que poidamos atopar as novas do club, coñecer a súa historia, ler crónicas dos
partidos, segui-la traxectoria dos equipos e dos xogadores, publicar o traballo cos
mais pequenos e os triunfos de todos.
Queremos que sexa un amplo espacio de información, promoción, un amplo escaparate do club co
que todos poidamos sentirnos identificados e que anime en cada un o sentimento de formar parte do
grande proxecto de convivencia que é o Club Baloncesto O Meco.
Agradecerlles ao patrocinador, aos socios protectores e colaboradores, ademais da concellería de
deportes do concello de O Grove, xa que sen o apoio de todos eles sería moi difícil levar a cabo esta
revista.
GRACIÑAS A TODOS
O presidente:Juan Campos
O Club Baloncesto O meco nace alá polo ano 1999, é polo tanto un club moi novo.
Sen embargo, xa é coñecido en toda Galicia pola súa participación nas ligas galegas
cos diferentes equipos da base.
O meco naceu coa intención de crear unha base
sólida de baloncesto en O Grove. Foron moitos os
rapaces e rapazas que se sumaron a este novo proxecto, superando incluso, ás expectativas marcadas. Hoxe contamos con equipos en todas as categorías, tanto masculinas como femininas.
Unha gran cantidade de cativos acércanse o club
para practicar este apaixonante deporte.
Capacitado xuridicamente polos seus estatutos
para o fomento do deporte, temos como actividade
especifica o desenrolo do Baloncesto.
En Efecto, o noso horizonte como club deportivo
está no fomento, encauzamento e desenrolo do
deporte, proporcionando o coñecemento, a forma- Esta e a cuna do CB O Meco, aquí naceu esta gran familia.
ción e a participación entre os/as xoves, contando cunha estructura consolidada e a filosofía de fomentar o baloncesto a partir da súa base.
A Escola de Basket nace de forma oficial na tempada 2000-01 co único fin de fomentar o deporte de
base e ofrecer unha alternativa educativa válida a través do baloncesto, no noso concello.
O C lu b
Contamos con varios adestradores formados no club, ademais do apoio e axuda de xogadores das categorías superiores, que ano a ano mostran os seus coñecementos e o seu cariño os mais cativos.
Creemos sinceramente que é importante manter estas directrices e seguir subindo escalos no longo
camiño da educación a través do deporte. Hai que facelo porque nos ilusiona a todos os que estamos
aquí. Non nos move ningún outro tipo de interese que non sexa proporcionar o mellor para os nosos
nenos e nenas, queréndoos no marco deste maravilloso medio: O Baloncesto.
