Extraescolares 23 24 correcto.pdf


Vista previa del archivo PDF extraescolares-2324-correcto.pdf


Página 1 2 3 4 5

Vista previa de texto


Procuramos que aprendan a patinar e aos poucos se inicien no noso deporte dun xeito ameno,
fomentando a cooperación e o compañeirismo. Entre os obxectivos que pretendemos, se
atopan a formación en valores, espírito de superación e o respecto, entendendo que a práctica
do deporte xera sinerxias positivas nestes aspectos.
PATINAXE (Club Patín Oroso, Alexandre Antelo) Neste curso procuraremos que as nenas e
nenos fagan unha iniciación á patinaxe artística. Aprender os desprazamentos en patinaxe,
tanto para diante como para atrás, saltos, piruetas, e as figuras básicas de patinaxe artística. A
metodoloxía busca a aprendizaxe mediante o xogo.
HORTA (Hortaclown: Xulio Morales e David Botana). Dous permacultores ilusionados poñen a
atención na saúde das plantas para mellorar a relación coa natureza. Traballar nas hortas da
escola, cultivar alimentos, labranza, cultivo de microorganismos, sementeiras, bombas de
sementes “Nendo Dango”, asociación de cultivos, compostaxe…Transmitido dun xeito ameno
e divertido, aplicando diversas metodoloxías como o clown ou a meditación.
XADREZ (Dan Cruz Álvarez de Ron) Nova actividade da man dun mestre con moita experiencia
na enseñanza deste xogo que fomenta o desenvolvemento das habilidades cognitivas
(atención, concentración, memoria). Iniciación para aqueles rapaces que se acheguen a
actividade por primeira vez. Perfeccionamiento para os que coñezan o xogo. Ofrecerase a
posibilidade de participación do colexio no campionato escolar comarcal no mes de
marzo/abril.
BAILE MODERNO (Luisa Fernanda García Lago) Nova actividade que consiste en clases de danza
moderna” por denominalas dalgunha forma, sen especificar ningún estilo concreto, xa que o
método de traballo céntrase en cada semana traballar material diferente (tanto a nivel físico, a
nivel de desenvolvemento de movemento, parte coreográfica, etc.) seguindo unha liña para
que o alumnado vexa a súa evolución. A actividade consistirá en facer un previo quecemento,
activando todas as zonas do corpo, e preparalo para a información. A continuación
desenvolverase o ensino de diferentes pasos de baile propios do estilo en concreto que se vaia
impartir esa semana e finalmente poñeranse en práctica estes pasos integrándoos cada semana
en diferentes coreografías. Os últimos 10 minutos normalmente dedicaranse ao estiramento
de todas as zonas do noso corpo para evitar posibles lesións. Esta clase vai principalmente
dirixida para o goce e desenvolvemento dos nenos/as e o método e desenvolvemento da clase
poderase adaptar segundo as necesidades e preferencias do grupo.