Extraescolares 23 24 correcto.pdf

Vista previa de texto
CAPOEIRA (Ana Varela) O Método Brincadeira de Angola ten o obxectivo de desenvolver
potencialidades físicas, musicais, sociais e culturais, a través de actividades lúdicas, contribuíndo
na formación de crianzas cooperativas, autónomas e conscientes. A metodoloxía é sólida e
continuamente mellorada, aliando coñecementos científicos e saberes populares para formar
unha verdadeira Pedagoxía de Capoeira-Educación. Este ano como novidade, Capoeria en
familia permite compartir esta experiencia lúdica, enérxica e interactiva creando novos vínculos.
BAILE GALEGO (Claudia Fidalgo) Aulas de introdución a música e ao baile tradicional galego, cun
formato lúdico e ameno. Traballando sempre a través do xogo, búscase fomentar o
desenvolvemento corporal e a psicomotricidade, a coordinación, o ritmo e a improvisación.
Todo iso, atravesado por principios de igualdade e de desenvolvemento grupal, provomendo
as habilidades sociais, a empatía, a colaboración, a solidariedade, a resolución de conflictos e o
crecemento social das crianzas. Aprenderase as diferentes partes do baile tradicional e os seus
elementos básicos, sempre acompañado de moita música.
MULTIXOGO (Chafarís: Cristina Neira e Kiko Cociña) Unha actividade lúdica arredor dos xogos
de mesa. Xogando trataremos de resolver estraños casos, resolver retos e desafíos, ou viaxar a
mundos fantásticos. Diferentes xogos de mesa lúdico-educativos, orientados a estimular
destrezas como a atención, lecto-escritura, cálculo, concentración. Aprenderemos tamén a
respetar a ecoloxía, a diversidade, a inclusión ou a igualdade de xénero. A través do xogo non
só nos divertimos tamén potenciamos as relacións sociais extra-tecnolóxicas, propiciamos un
lugar de encontro entre nenos e nenas, respetamos e nos facemos respetar, valoramos e
recoñecemos os logros tanto alleos como propios e fortalecemos as funcións executivas. Esta
actividade permite a inscrición por sesións soltas (5 euros) Co gallo de favorecer a conciliación,
a actividade Multixogo poderá contratarse por días soltos avisando antes das 20.00 horas do
día anterior, no caso de que haxa prazas dispoñibles (no teléfono: 981 069 422). Cada sesión
solta terá un custo de 5 euros.
NATACIÓN (Piscina da USC). Todo o alumnado debe ter un mínimo de 6 anos ou cumprilos no
2023. Ten un prezo cuadrimestral de 60 euros (outubro- xaneiro e despois febreiro-maio). A
Área de Deportes da USC esixe un rexistro online e a realización obrigatoria da tarxeta
universitaria identificativa, así como a presentación do DNI das/os usuarias/os. HAI QUE
LEVALOS/AS E RECOLLELOS/AS NA PISCINA UNIVERSITARIA.
BALONCESTO (ADB Fontiñas) A actividade de baloncesto está orientada a que a rapazada o pase
ben e que aprenda baloncesto. Trátase de fomentar a aprendizaxe a partir de xogos e
actividades non competitivas, baseada na educación en valores. Trátase dun adestramento
semanal dunha hora, con grupos divididos por idade e con persoas tituladas como adestradoras
de baloncesto. Ademais, de xeito optativo, a rapazada que queira poderá tamén xogar partidos
nas fins de semana na liga de Santiago.
CANTO E PANDEIRETA (Jara Ortiz) A través do canto e da pandeireta achegarémonos ao noso
patrimonio cultural, por suposto, pasándoo ben. A profesora será Jara Ortiz, música, cantareira
e docente de ampla traxectoria na música tradicional, en formacións como Habelas Hainas. Este
curso incorporamos a posibilidade de que sexa unha actividade interxeneracional e poder
cantar e tocar todas xuntas.
HÓCKEY PATÍNS (Ainhoa García, Hóckey Club Raxoi) O hóckey patíns é un deporte moi dinámico
e completo onde os nenos e as nenas desenvolven unha grande coordinación e equilibrio.
