Extraescolares 23 24 correcto.pdf

Vista previa de texto
COMO INSCRIBIRSE?
1.- Cubrir o formulario de inscripción, ben online (no QR) ben en papel, e neste último caso
depositalo na caixa de correo da ANPA (na entrada principal do cole). O PRAZO DE INSCRICIÓN
PREFERENTE remata o 22 de setembro. As/os inscritas/os despois desta data optarán ás prazas
vacantes.
2.- O 25 de setembro publicarase a listaxe de admitidas/os no taboleiro da ANPA.
3.- Para que a matrícula sexa efectiva deberá realizarse o pagamento da matrícula e o mes de
outubro no seguinte prazo: 25 de setembro - 1 de outubro.
COMO PAGAR?
Se non es bolseira/o, o pagamento das actividades será abonado na primeira semana do mes
en curso, por transferencia bancaria na conta de La Caixa ES68 0133 6197 4642 0000 1353.
Nas transferencias indicarase no concepto "nome/s das participantes + mes” (excepto nas
transferencias periódicas que non é necesario especificar o mes).
Por favor, é importante pagar nos cinco primeiros días do mes.
As adultas nas actividades en familia pagan o mesmo importe que as crianzas.
IMPORTANTE: informar ao monitorado das casuísticas que as familias consideredes
importantes de cada neno/a (alerxias, enfermidades, etc…).
As actividades darán comezo o 2 de outubro!
Podes contactar connosco a través do correo extraescolaresanpaapostolo@gmail.com.
DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
CIRCO (Jano Costas) Circo, palabra máxica transgresora da realidade que nos achega ao sorriso,
á fantasía, á ilusión, ao milagre, ao voo... Espazo e tempo onde o imposible faise visible
afastándonos da monotonía, do tempo regulado, da lóxica, da forza da gravidade, do cotián. A
suxestión e o atractivo do circo residen na subversión física que permite realizar da realidade:
desprazamentos inhabituais sobre as mans (figuras acrobáticas), suxeición a superficies
dinámicas, aéreas (trapecio fixo ou volante), redución da superficie de apoio á mínima
expresión (cable, funambulismo), ampliación da funcionalidade dalgunhas partes do corpo
como os pés, que habitualmente permiten andar e desprazarnos, ao convertelos en
protagonistas de xogos… O alumnado aprenderá as diferentes técnicas de circo pero ademais
esta aprendizaxe ha suporlle unha mellora en diferentes aspectos persoais como a sensibilidade
pola expresión corporal, o traballo da cooperación, o desenvolvemento da creatividade, a
mellora na autosuperación, a constancia nas diferentes tarefas, o coñecemento do propio corpo,
a mellora da autoestima… En definitiva, pretendemos que o mundo do circo favoreza o
crecemento do alumnado como persoas.
ARTE E MANUALIDADES (Juan Pablo Venditti) As crianzas ao longo do curso traballarán
diferentes técnicas e materiais de debuxo e pintura, desenvolvendo a súa creatividade, e a súa
maneira de plasmar as súas ideas. A actividade extraescolar arte caracterízase polo seu valor
creativo e pola liberdade de acción que adquire o individuo na práctica habitual desta
extraescolar, axuda a desenvolver a creatividade, o recoñecemento de formas e patróns,
o desenvolvemento motriz, desenvolver unha visión espacial e a aprender a diferenciar
tons cromáticos, así como a asociar e diferenciar formas.
