Alegación completa corrixida.pdf

Vista previa de texto
3.- CONSIDERACIÓNS FINAIS
1º. Que o Monte Maior e Cotodeira constitúen un dos espazos interiores de
maior interese ambiental do sur de Galiza. No contexto dos montes
meridionais, este lugar distínguese pola súa calidade ambiental.
2º. Que o o Monte Maior e Cotodeira constitúen unha interesante área de paso
nas migracións de diversas especies de aves, tanto terrestres como acuáticas
e conta coa presenza de diferentes especies de animais escasos e a protexer
segundo diferentes Directivas Europeas e Catálogos de Fauna Ameazada.
3º. Que o Monte Maior e Cotodeira acollen diversos hábitats de interese
comunitario, algúns tan importantes como as pradeiras de Nardus stricta,
breixeiras húmidas e turbeiras.
4º. Que no Monte Maior e Cotodeira viven centos de cabezas de gando ceivo
(nomeadamente cabalos e vacas) que é propiedade dos veciños das parroquias
limítrofes (Ventín, Traspielas, Sabaxáns e Gargamala,). Este gando constitúe
unha relevante fonte de ingresos para os seus propietarios, ademais de unha
riqueza biolóxica que, por riba, axuda a previr os incendios forestais.
5º. Que o Monte Maior e Cotodeira posúe un patrimonio cultural de caracter
etnográfico (nel se levanta o único foxo do lobo duplo de Galiza) e
arqueolóxico extraordinario e único (nel se levantan mámoas, castros e ducias
de petróglifos, algúns deles dos máis interesantes do país segundo todos os
expertos, nomeadamente o investigador de arte rupestre e arqueólogo do
Museo de Pontevedra Antonio de la Peña Santos), cuxa conservación e posta
en valor desde unha perspectiva científica e turística é totalmente
incompatible coa explotación de canteiras e a instalación de parques eólicos.
6º. Este valioso patrimonio natural e cultural explica o paso por Cotodeira do
GR-58 coñecido como Sendeiro das Greas, un roteiro homologado promovido
Páxina
12
