Caja PDF

Comparta fácilmente sus documentos PDF con sus contactos, la web y las redes sociales.

Compartir un archivo PDF Gestor de archivos Caja de instrumento Buscar PDF Ayuda Contáctenos



DDP 10 06.. .pdf


Nombre del archivo original: DDP-10-06...pdf

Este documento en formato PDF 1.3 fue generado por Adobe InDesign Server CS2 (4.0.6) / Adobe PDF Library 7.0, y fue enviado en caja-pdf.es el 15/06/2012 a las 21:25, desde la dirección IP 217.11.x.x. La página de descarga de documentos ha sido vista 735 veces.
Tamaño del archivo: 213 KB (1 página).
Privacidad: archivo público




Descargar el documento PDF









Vista previa del documento


Un total de 50 persoas con idades comprendidas entre os cinco e os 70 anos de idade compoñen a Agrupación Folclórica O Mosteiro. Todos
eles -repartidos en tres grupos: canto, baile e gaita- traballan desde 1994 a prol de dous obxectivos: por un lado, a formación e a transmisión
de sinais e coñecementos culturais e, por outro, converter a súa música e os seus bailes nun punto de encontro para as familias e veciños.
Ámbolos dous son, hoxe en día, obxectivos conseguidos.

mpmáis

mil primaveras máis

A Agrupación Folclórica O Mosteiro.

Tras o silencio do Mosteiro
Xacementos do paleolítico inferior, castros, unha catedral do século XII... Non hai dúbida de que
Tui é un concello con historia, tanta, que mesmo chegou a ser capital dunha das sete provincias de
Galicia ata 1833. Do mesmo xeito
que a historia flúe polas augas do
río Miño que separan o concello
galego da veciña Portugal, tamén
o folclore, o saber do pobo, foi cultivando esta terra ata convertela
nunha das máis fecundas no eido
da cultura tradicional. De feito,
son numerosas as asociacións
culturais e os grupos de música e
danza que levan anos espallando
o folclore galego desde Tui ata o
resto do mundo.
Unha delas é a Asociación Sociocultural O Mosteiro, fundada en
1994 na parroquia de Pexegueiro,
de aproximadamente 600 habitantes e cun topónimo derivado
do latín que significa maceira pér-

[repOrtaxe]A Agrupación Folclórica O Mosteiro, de
Pexegueiro (Tui), conta con 50 membros repartidos
nos grupos de baile, canto e gaita
[escribe Marta Balo| fotografía A.F.M.]

sica. Esta asociación, igual que o
grupo folclórico nacido no seu seo,
tomou o seu nome a partir do antigo mosteiro bieito que nela houbo,
do cal hai constancia desde o ano
956 d.d.C.
Tres seccións |Tres son as seccións que compoñen este grupo:
canto tradicional, que se acompaña de instrumentos populares de
percusión (pandeiretas, pratos,
cunchas, tixolas, legóns...) e está
dirixido por Beatriz Cela; baile

tradicional (baseado nos pasos
máis habituais do folclore galego)
conducido por Santiago Almuíña,
ex director do grupo Andarela de
Vigo; e gaiteiros (composto non
só por gaitas, senón tamén por
tamboril, bombo, pandeiretas,
charrasco, tarrañolas e saxo) do
que é responable Xosé Oliveira,
membro da lexendaria banda
Noitarega e director, á súa vez,
de Moxenas Musical Galego, un
proxecto integrador das actividades de música e baile tradicional

na federación de 35 asociacións
veciñais de Vigo.
En total, a Agrupación Folclórica
O Mosteiro está composta por preto de 50 membros de todas as idades. Aínda que o groso do grupo é
conformado por adolescentes, os
cinco anos dalgúns dos rapaciños
do grupo de baile e os 70 que rondan os máis veteranos da sección
musical consagran á de Tui como
unha agrupación completamente
interxeracional.
Precisamente, a heteroxeneidade
nas idades dos membros permítelle contemplar o futuro con optimismo, xa que, ó contrario que
lles sucede a outros grupos, o relevo non semella ser un problema
para os de Pexegueiro.
Traxectoria |Desde que comezou
a súa andaina ata a actualidade,
esta agrupación non deixou de traballar a prol da difusión dos bai-

les e a música da tradición galega.
Así, ó longo da súa traxectoria os
tudenses teñen actuado por toda
Galicia e tamén fóra das súas fronteiras, en Portugal, Euscadi, Asturias, Estremadura e Murcia.
Destas viaxes conservan, sobre
todo os máis novos do grupo,
algunhas das lembranzas máis
especiais. "Para eles son emocionantes, tanto polo feito de vivir
experiencias novas a nivel persoal como tamén polo contacto
con outras culturas", explica o
responsable da sección de gaitas,
Xosé Oliveira. Aínda que, engade,
"para todos en xeral, as actuacións
en marcos emblemáticos como o
Teatro da Área Panorámica ou a
catedral da súa cidade, Tui, son
moi importantes".
Ó longo do verán que está a piques
de comezar, a Agrupación Folclórica O Mosteiro seguirá engalanando a súa historia con novas


Vista previa del documento DDP-10-06...pdf - página 1/1

Documentos relacionados


Documento PDF ddp 10 06
Documento PDF ddp 10 06 2
Documento PDF memoria
Documento PDF 14 boletin julio 2
Documento PDF bases 2016 nuevas
Documento PDF il quarto arte sep 2 0


Palabras claves relacionadas