Caja PDF

Comparta fácilmente sus documentos PDF con sus contactos, la web y las redes sociales.

Compartir un archivo PDF Gestor de archivos Caja de instrumento Buscar Ayuda Contáctenos



DDP 10 06..2 .pdf


Nombre del archivo original: DDP-10-06..2.pdf

Este documento en formato PDF 1.3 fue generado por Adobe InDesign Server CS2 (4.0.6) / Adobe PDF Library 7.0, y fue enviado en caja-pdf.es el 15/06/2012 a las 21:27, desde la dirección IP 217.11.x.x. La página de descarga de documentos ha sido vista 782 veces.
Tamaño del archivo: 180 KB (1 página).
Privacidad: archivo público




Descargar el documento PDF









Vista previa del documento


repertorio e vestiario
Desde os seus comezos a Agrupación Folclórica O Mosteiro ten
realizado numerosas actuacións,
principalmente pola súa comarca, pero tamén por toda Galicia e
máis alá das súas fronteiras.
No escenario, a agrupación tuden-

se desenvolve un amplo e variado
repertorio que musicalmente se
asenta, principalmente, en melodías dos grandes cuartetos do
século XX (Os Morenos de Lavadores, Os Campaneiros de Vilagarcía e Os Gaiteiros de Soutelo,

entre outros), segundo explica o
director da sección de gaitas, Xosé
Oliveira.
Aínda que o que máis coida o grupo de Pexegueiro é a parte musical e as coreografías, non deixa de
lado un aspecto tan importante do

folclore galego como é o vestiario.
Así, a Agrupación Folclórica O
Mosteiro conta tanto con traxes
de faena ou cotío coma de gala.
Trátase de roupas que se caracterizan pola súa variedade, fuxindo
da uniformización.

Nace no seo
da Asociación
Sociocultural
Mosteiro
Pretende transmitir
coñecementos
culturais e ser un
punto de encontro
para os veciños
Beatriz Cela dirixe
a sección de canto;
Santiago Almuíña,
a de baile e Xosé
Oliveira, a de gaita
Ten actuado
en Portugal,
Euscadi, Asturias,
Estremadura e
Murcia

Arriba, as pandeireteiras, dirixidas por Beatriz Cela (á esquerda). Abaixo, Santi Almuíña, director do grupo de baile e este actuando no Teatro de Tui.

"Sen a gaita, sería un gris burócrata"
actuacións. A máis esperada terá
lugar en Malpica na última fin de
semana de agosto, devolvendo
así a visita ós colegas da Costa da
Morte, que xa estiveron con anterioridade en Pexegueiro.
No peto dos soños, pequenos e
maiores gardan unha mesma ilusión: facer actuacións en teatros e
cidades importantes. E malia que
algunhas xa fixeron, agardan moitas máis. Mentres, conformánse
con ser un "colectivo de músicas
e danzas tradicionais, sen máis",
iso si, precisa Xosé Oliveira, "con
dous obxectivos claros: por un
lado, a formación e transmisión
de sinais e coñecementos culturais e, por outro, facer parroquia,
tendo un punto de encontro para
as familias e veciños". Obxectivos
que os de Pexegueiro teñen ben
conseguidos, o que lles permite
seguir a súa andaina polo camiño
que guían os soños.n

O seu avó era un dos compoñentes
do famoso cuarteto de gaiteiros Os
Morenos de Lavadores. Non é de
extrañar, pois, que a vida de Xosé
Oliveira estea ligada a ese instrumento. Xunto con outro mestre
gaiteiro, Telmo Costas, e dous percusionistas, Manuel Alonso e Xosé
María Gutiérrez, fundou hai máis
de 20 anos Noitarega e aí segue
-agora tamén co gaiteiro Telmo
Costas-. Por se isto fora pouco, en
2003 decidiu ampliar hourizontes
e fundou Moxenas Musical Galego, unha banda formada por 35
músicos moi novos cuxo formato
se basea nunha persoal mestura
de instrumentos tradicionais galegos e contemporáneos. O ensino
en grupos como O Mosteiro ocupa
o resto do tempo dunha vida adicada á musica.
Como foron os seus comezos?
—Nesta orde, contacto coa música
da man dos meus avós, os gaiteiros

Os Morenos de Lavadores, logo recibindo as ensinanzas de Nazario
González, alias 'Moxenas', a quen
anos despois tiven a honra de
substituír na dirección do propio
grupo de gaiteiros O Mosteiro de
Pexegueiro para, posteriormente,
titularme na especialidade de Gaita Galega no Conservatorio.
Membro de Noitarega, director
de Moxenas e mestre noutros
moitos grupos... Despois de tantos anos no mundo do folclore,
como cre que foi cambiando o
panorama da música tradicional
galega?
—Positivamente, hai un proceso
de profesionalización crecente
por parte dos ensinantes e dos
intérpretes, entre outros aspectos que sería longo numerar. Negativamente, a iniciativa privada
empresarial ten pendente involucrarse en eventos que conteñan
estas músicas, algo que non ocorre

noutras latitudes, como o Canadá,
Francia, etc.
Diría que actualmente o folclore
galego ten boa saúde?
—Sen dúbida, por número de grupos, persoas implicadas, ensinos

oficiais...
Ponlle algún pero, algo que debería cambiar ou mellorar?
—A mencionada implicación da
iniciativa privada; algo máis da
pública...
Non lle vou pedir que escolla entre Noitarega, Moxenas, O Mosteiro nin o resto dos grupos, pero
si que diga algo de cada un deles
ou algo que caracetrice a súa relación con eles.
—En Noitarega teño a fortuna de
expresarme completamente espido como músico. En Moxenas, de
dar renda solta á imaxinación. Nas
escolas, de crear canteira, músicos
con tamén conciencia dunha cultura de seu.
Que sería de Xosé Oliveira sen a
gaita?
—Quizais coma o alter ego de Fernando Pessoa no 'Livro do Desassossego', un gris burócrata de
escritorio...n


Vista previa del documento DDP-10-06..2.pdf - página 1/1

Documentos relacionados


Documento PDF ddp 10 06 2
Documento PDF ddp 10 06
Documento PDF memoria
Documento PDF publicitac o das contas site
Documento PDF noche de fiesta la historia definitiva del programa actualizado septiembre 2015
Documento PDF ficha de inscripcion al xix ffestival diocesano de la cancion pascual


Palabras claves relacionadas